miniatura|dereita|Estrada N-550 ao seu paso por Deixebre. Santa María de Deixebre é unha parroquia que se localiza no norte do concello de Oroso. Segundo o IGE en 2018 tiña 334 habitantes (164 homes e 170 mulleres) distribuídos en 5 entidades de poboación.

Xeografía

Deixebre sitúase entre as parroquias de Oroso e mais Santa Cruz de Montaos e Beán (concello de Ordes). Está atravesada pola autoestrada AP-9, e a carón dela discorre a estrada N-550. Patrimonio

A igrexa parroquial de Santa María de Deixebre atópase nos Carballos, a carón da carballeira do campo da festa e do cemiterio. Foi deseñada en 1963 por Milagros Rey Hombre. O antigo templo parroquial estaba na aldea da Igrexa, preto da fonte da Santiña. Celébranse as festas de Santa Margarita o 24 de xullo e Santa María o 15 de agosto. Deporte

O equipo de fútbol da SD Deixebre xoga na Segunda Autonómica de Galicia. Foi creado a mediados do século XX, e xoga no campo do Peteiro. O seu uniforme é camiseta negra con raias brancas no lateral.

Lugares e parroquias Lugares de Deixebre

Parroquias de Oroso

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lugares de Oroso

Categoría:Parroquias de Oroso Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de santa María