Bank of Kigali (BK) (en galego Banco de Kigali) é un banco da República de Ruanda. O banco é autorizado polo National Bank of Rwanda (Banco Nacional de Ruanda), o regulador bancario do país.
Visión global Bank of Kigali é o maior banco comercial de Ruanda por activos. O total dos seus activos foron valorados nuns 611.780 mil dólares americanos (RWF:422.36 billóns de francos ruandeses).
Naquela época, o patrimonio neto do banco era de preto de 102,5 millóns de dólares americanos (70.76 billóns de francos ruandeses).
En 2010, o banco foi clasificado entre os quince principais bancos comerciais en África Oriental, e un dos primeiros cen bancos en África.
Historia Bank of Kigali iniciou as súas operacións no ano 1966, prestando servizos bancarios comerciais para particulares, pequenas empresas e grandes corporacións. Antes de 2007, o banco belga Banque Belgolaise tiña un 50% das accións, pero despois do 2007 o goberno de Ruanda cómpralle ese 50%. Posteriormente, o goberno vendeu a súa participación a outras entidades, incluíndo ao Fondo de Seguridade Social de Ruanda (SSFR) e o National Post Office of Rwanda (NPR). Estaban en curso plans para que o goberno vendese a maior parte da súa participación do banco poñendo un 25% das participacións na Bolsa de Valores de Ruanda (RSE), no ano 2011.Goberno vende as súas accións de Bank of Kigali
O 21 de xuño de 2011, a institución ruandesa Capital Market Advisory Council ( en galego, Consello Consultivo do Mercado de Capitais) coñecido polas iniciais CMAC, deu a súa aprobación ao Bank of Kigali de vender o 45% das súas accións ó RSE, así como que as súas accións estean na bolsa de valores. A negociación das accións do banco foron previstas para o día 30 de xuño de 2011.Bank of Kigali consegue a aprobación da venda das accións
En abril de 2012, noticias de medios internacionais, indican que o Bank of Kigali estaba no medio dunha expansión para a veciña Kenya e Uganda.
A propiedade En decembro de 2011, a propiedade de accións do banco quedou como é descrita na táboa seguinte:
+ Propiedade do accionariadoPosición Nome do propietarioPorcentaxe1Goberno de Ruanda29.752Fondo da Seguridade Social de Ruanda27.17 %3Investidores retallistas16.95 %4Investidores internacionais10.69 %5Grupo de Investimento Blakeney Management7.31 %6Investidores rexionais4.50 %7Investidores locais2.47 %8Empregados e directores1.08 %9Outras entidades estatais0.10 %
Rede de oficinas O Bank of Kigali dispoñía a xuño de 2012 corenta e sete oficinas, todas elas en tódalas provincias do país, chegando a ser o maior banco en Ruanda polo seu tamaño da rede de oficinas.The Growth of Bank's Branch Network
As localizacións destas oficinas inclúen os seguintes lugares:Branches of Bank of Kigali
Oficina Central - 6112 Avenue de la Paix, Kigali Kacyiru Branch - Kacyiru, Kigali Downtown Branch - Downtown Kigali Western Union Branch - Kigali Kicukiro Branch - Kicukiro, Kigali Remera Branch - Remera, Kigali Kimironko Branch - Kimironko, Kigali Nyamirambo Branch - Nyamirambo, Kigali Nyabugogo Branch - Nyabugogo, Kigali Kabuga Branch - Kabuga, Kigali RDB Branch - Kigali Kigali Airport Branch - Kanombe, Kigali SFB Branch - Kigali Manor Hotel Branch - Manor Hotel, KigaliBank of Kigali Opens Six New Branches in Q4:2010 Gatsata Branch - Gatsata, Kigali Gisenyi Branch - Gisenyi Gisenyi Downtown Branch - Downtown Gisenyi Ruhengeri Branch - Ruhengeri Ruhengeri Downtown Branch - Downtown Ruhengeri Gakenke Branch - Gakenke Gitarama Branch - Gitarama Butare Branch - Butare Cyangugu Branch - Cyangugu Rwamagana Branch - Rwamagana Kibungo Branch - Kibungo Kirehe Branch - Kirehe, Kibungo Kayonza Branch - Kayonza Kabarore Branch - Kabarore Nyagatare Branch - Nyagatare Rusumo Branch - Rusumo Gicumbi Branch - GicumbiGicumbi Branch Opened in March 2010 Gatuna Branch - Gatuna Nyamata Branch - Nyamata Ngororero Branch - NgororeroBank of Kigali Opens Ngororero Branch
Directores As actividades do Banco de Kigali son supervisados por uns de dez membros no Consello de Administración, os cales, excepto un, non son executivos. O actual presidente do consello é Marc Holtzman.The Board of Directors of Bank of Kigali
Consello de administración As actividades do día a día do banco é administrada por un consello de administración de dez persoas, dirixido por un director, sendo actualmente Diane Karusisi, a directora executiva.Management Team of Bank of Kigali
Notas
Véxase tamén Outros artigos Economía de Ruanda Ligazóns externas Web oficial do Bank of Kigali Bank of Kigali, Plans Rexionais de expansión Fotografía da sede central
Categoría:Ruanda