Luis Díaz Gallego, nado en Ferreiros (A Pobra do Brollón) o 29 de outubro de 1896, foi un médico e político galego.
Traxectoria Estudou Medicina en Madrid, licenciándose en 1922. Foi candidato da Alianza Republicana pola provincia de Lugo nas eleccións a Cortes Constituíntes de 1931.La Voz de Galicia, 24-6-1931, p. 2.La Voz de Galicia, 2-7-1931, p. 8. Director do Balneario do Incio. En 1936 publicou o libro Cartilla sanitaria que foi declarado de utilidade pública.La Libertad, 7-5-1936, p. 8. Estaba afiliado a Izquierda Republicana. Médico en Vilar de Barrio, co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 fuxiu, pero foi detido en Tui en agosto. Pasou polo Depósito de Sarria e despois estivo no Cárcere de Lugo. Saíu en liberdade provisional o 16 de decembro de 1937. Pasou a Portugal, onde foi detido e trasladado a Tui o 15 de maio de 1938. Pasou á Prisión Provincial de Ourense o 20 de maio. Foi trasladado a Irún para un intercambio de presos o 28 de xuño. O 28 de xuño de 1938 pasou á zona republicana. Entrou nos Servizos Sanitarios de Carabineros asimilado á categoría de tenente o 23 de novembro de 1938. Exiliouse na Arxentina.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Ligazóns externas Ficha en Represión franquista en Lugo Expediente persoal do recluso Luis Díaz Gallego
Categoría:Médicos da Pobra do Brollón Categoría:Represaliados polo franquismo Categoría:Exilio galego Categoría:Galegos da Arxentina Categoría:Nados na Pobra do Brollón
Categoría:Nados en 1896
Categoría:Finados en ano descoñecido
Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes