Bidankoze (en castelán e tamén oficial: Vidángoz) é un concello de Navarra, situado no meiriñado de Sangüesa, na comarca de Roncal-Salazar e a 87 km da capital da comunidade, Pamplona. A súa poboación en 2013 foi de 94 habitantes (INE), o seu termo municipal ten unha superficie de 39,20 km² e a súa densidade de poboación é de 2,4 hab./km². Símbolos Escudo O escudo de armas da vila de Bidankoze ten o seguinte brasón:
Este brasón é privativo de todo o val de Roncal e de cada unha das súas vilas en particular.
Xeografía Situación A localidade de Bidankoze atópase na parte nordeste de Navarra, dentro da rexión xeográfica da Montaña de Navarra, a comarca xeográfica dos Vales Pirenaicos Orientais, no centro do val de Roncal e a unha altitude de 720 msnm. O seu termo municipal ten unha superficie de 38,8 km² e limita polo norte co concello de Uztarroze, polo sur co de Burgui, polo leste co de Erronkari e polo oeste cos de Galoze, Gorza, Sartze, Espartza Zaraitzu, Orontze e Ezkaroze.
Demografía
Notas
Categoría:Concellos de Navarra