O Museo do Bierzo atópase situado en Ponferrada, na bisbarra do Bierzo, provincia de León, comunidade autónoma de Castela e León.

Historia Encóntrase situado no pazo dos Condes de Toreno, construído entre 1565 e 1572, foi pazo consistorial na época de Filipe II, vivenda do corrixidor e posteriormente antigo cárcere de Ponferrada ata o Século XVIII.

A corporación municipal do Concello de Ponferrada aprobou a súa creación en 1966. En 1984 fíxose un proxecto de remodelación do pazo dos Condes de Toreno e houbo obras de remodelación ata 1996, cando se inaugurou. miniatura|Peza do Museo do Bierzo: lápida procedente do castro de Vilaboa no Bierzo.

Exposición permanente O museo, que conta con dúas plantas dedicadas á exposición permanente, divídese en:

Planta Baixa: Dedicada á prehistoria e aos asentamentos primitivos. Contén unha colección permanente de pezas do Paleolítico e do medievo, moitas delas orixinais e outras reproducións, e diversas salas dedicadas ao estudo do castelo de Ponferrada, cultura castrense no Bierzo, As Médulas, o Lago de Carucedo e a vida monacal no Val do Oza.

Planta Superior: Dedicada ao proceso da civilización máis actual e a forma de vida dos habitantes bercianos a partir do século XV, cunha colección numismática con pezas que van dende a Idade Media ata o século XX. e salas dedicadas á artesanía, mobiliario palaciano, cartografía, libros e unha colección de armas.

Exposicións temporais O museo ten unha cripta subterránea, que contén unha sala para exposicións temporais. Este espazo albergou múltiples exposicións de fotógrafos do Bierzo

Véxase tamén

Ligazóns externas Ponferrada Turismo

Categoría:Ponferrada Categoría:Museos de Castela e León