A Ribera Alta del Ebro é unha comarca de Aragón, en España, situada ao oeste da provincia de Zaragoza. A súa capital é Alagón.

Municipios A comarca engloba os municipios de Alagón, Alcalá de Ebro, Bárboles, Boquiñeni, Cabañas de Ebro, Figueruelas, Gallur, Grisén, La Joyosa, Luceni, Pedrola, Pinseque, Pleitas, Pradilla de Ebro, Remolinos, Sobradiel e Torres de Berrellén.

Xeografía Trátase da bisbarra aragonesa máis pequena en extensión que, non obstante, ofrece unha das densidades de poboación máis alta respecto á media das bisbarras aragonesas. Este feito é posible grazas ao gran número de poboacións que a integran, así como unha media de habitantes por poboación elevada.

Limita ao norte coas Cinco Villas, ao oeste co Campo de Borja, ao sur con Valdejalón e ao leste con Zaragoza.

Economía Tradicionalmente a súa economía centrábase na horta cultivada entre os ríos Ebro e Jalón, afluente do Ebro. Actualmente a planta de Opel-España xunto coas súas industrias auxiliares sitúase en Figueruelas.

Véxase tamén

Ligazóns externas Comarca Ribera Alta del Ebro, en comarcaacomarca.com Comarcalización de Aragón, Ribera Alta del Ebro

Ribera Alta del Ebro