A igrexa de Santo Tomás de las Ollas é un templo relixioso situado na aldea do mesmo nome, no concello de Ponferrada, na provincia de León.
Historia O nome da igrexa, tomado da aldea Santo Tomás de las Ollas, provén do oficio principal desa localidade: a olaría. Provían de xénero á zona do Val do Oza. A ermida foi doada polo Bispo de Astoga á comunidade do Mosteiro de San Pedro de Montes.
Arquitectura A súa construción orixinal data do século X, despois da cal se efectuaron diversas modificacións, que remataron coa da sancristía, do século XIX. A ermida consta dunha nave rectangular con só unha ábsida que, a pesar de ter unha planta ovalada, continúa a liña rectangular da nave nos seus muros exteriores. O teitume é a dúas augas, de lousa e aséntase sobre unha armadura de madeira.
Accédese á ábsida dende a nave a través dun dobre arco de ferradura (arco triunfal) sostido por pilastras. A ábsida, que aloxa a Capela Real, é de construción anterior á nave principal e a súa planta é máis estreita que a da nave.
miniatura|Arcos de ferradura na capela maior. No século XII substituíuse a portada pola que existe ata hoxe, de estilo románico e de medio punto. Fixéronse outras modificacións no século XVII, como rebaixar a altura da nave (que anteriormente igualaba á da ábsida), e o engadido de acabados mouriscos e revocadura de cal no interior. Engadiuse tamén unha capela ao muro norte da nave con dous contrafortes diagonais nos vértices que comunican cunha porta de medio punto.
miniatura|Arco triunfal dobrado (dobre arco de ferradura) que separa a capela maior da nave.
Véxase tamén Outros artigos Arquitectura románica Ligazóns externas Páxina sobre a Igrexa de Santo Tomás de las Ollas
Categoría:Ponferrada Categoría:Igrexas da provincia de León Categoría:Igrexas católicas de España