Acevedo do Río foi un antigo concello de Galicia que funcionou como unidade administrativa entre 1836 e 1968.
Xeografía
Situado na comarca da Terra de Celanova, comprendía tres parroquias: Acevedo do Río, Alcázar de Milmanda e Milmanda. Tiña unha extensión de 18 quilómetros cadrados e unha poboación que chegou a superar os 2000 habitantes na primeira metade do século XIX.
Historia Creouse por decreto de 15 de xullo de 1836 co nome de Acevedo (oficialmente Acebedo), mais coa Reforma da nomenclatura municipal de España de 1916 pasou a chamarse Acevedo do Río (oficialmente Acebedo del Río) para distinguilo doutros concellos de España (Acebedo en León). O 8 de xaneiro de 1968 incorporouse ao concello de Celanova.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Concellos de Galicia
Categoría:Concellos desaparecidos da provincia de Ourense Categoría:Celanova Categoría:Artigos de Galicia sen imaxes