thumb|Franz Joseph Gall. Franz Joseph Gall, nado o 9 de marzo de 1758 en Tiefenbronn, Baden e finado o 22 de agosto de 1828 en París, foi un anatomista e fisiólogo alemán, fundador da frenoloxía, unha teoría que reivindica ser capaz de determinar o carácter, características da personalidade, e grao de criminalidade pola forma da cabeza.

No seu principal traballo Untersuchungen ueber die Anatomie des Nervensystems ueberhaupt, und des Gehirns insbesondereFranz Joseph Gall e Johann Spurzheim: Untersuchungen ueber die Anatomie des Nervensystems ueberhaupt, und des Gehirns insbesondere, Paris e Strasburg, ed. Treuttel e Würtz, 1809, reedición 2001: ISBN 3 487113 86 4 (A anatomía e fisioloxía do sistema nervioso en xeral, e do cerebro en particular), Franz Joseph Gall estabeleceu os principios nos que baseou a súa doutrina.

Convencido de que as funcións mentais residen en áreas específicas do cerebro e que isto determina o comportamento, asumiu que a superficie do cranio reflicte o desenvolvemento destas zonas. O primeiro concepto foi comprobado cando Paul Broca localizou o centro da fala no cerebro en 1861. A segunda noción foi invalidada cando se descubriu que o grosor do cranio varía, así que a súa forma non reflicte o cerebro en si. Gall foi o primeiro en identificar a materia gris como tecido activo (somas neuronais) e a substancia branca (axóns) como tecido condutor.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Historia da frenoloxía Biografía

Categoría:Nados en 1758 Categoría:Finados en 1828 Categoría:Nados en Baden-Württemberg Categoría:Médicos de Alemaña