O barón François Englert, nado en Bruxelas, Bélxica, o 6 de novembro de 1932 e finado en Uccle o 18 de xuño de 2026, foi un físico teórico belga, profesor emérito da Universidade Libre de Bruxelas (ULB), onde é membro do Servizo de Física Teórica. Tamén foi Profesor Sackler por Designación Especial na Escola de Física e Astronomía da Universidade de Tel Aviv, Israel,Tel Aviv University Sackler Professor Wins Nobel Prize Consultado o 23 de xullo de 2014. e membro do Instituto de Estudos de Quantum na Universidadr Chapman, California. En outubro de 2013 foi galardoado co Premio Nobel de Física, xunto a Peter Higgs, polo descubrimento do Mecanismo de Higgs.

Primeiros anos François Englert era un sobrevivente do Holocausto,USC Shoah Foundation Institute testimony of Francois Englert - USHMM Collections Search Consultado o 23 de xullo de 2014. nacido no seo dunha familia xudía. Durante a ocupación alemá de Bélxica, na segunda guerra mundial, tivo que ocultar a súa identidade xudía vivindo en orfanatos e fogares para nenos nas diferentes cidades belgas de Dinant, Lustin, Stoumont e, por último, Annevoie-Rouillon, onde foi liberado polo Exército dos Estados Unidos.

Carreira académica Graduouse como enxeñeiro eléctrico-mecánico en 1955 da Universidade Libre de Bruxelas (ULB), onde obtivo o seu doutoramento en ciencias físicas en 1959. Desde 1959 até 1961, traballou na Universidade Cornell, primeiro como investigador asociado de Robert Brout e logo como profesor adxunto. A continuación, regresou á ULB, onde se converteu nun profesor universitario e uniuse alí por Robert Brout. A partir de 1980 encabezaron o grupo de física teórica. En 1998 converteuse en Emeritus.

O mecanismo Brout-Englert-Higgs En colaboración con Robert Brout, propuxo o mecanismo de Brout-Englert-Higgs para explicar a masa de partículas elementais.F. Englert and R. Brout Phys.Rev.Lett. 13 321 (1964). Un mecanismo similar foi proposto simultaneamente por Peter HiggsP. W. Higgs Phys.Rev.Lett. 13 508 (1964). a cuxo nome se asocia o bosón de Higgs, tamén chamado bosón de Brout-Englert-Higgs.P. W. Higgs Physics Letters 12 132 (1964).

O Mecanismo Brout-Englert-Higgs é o fundamento da teoría electrodébil de partículas elementais e sentou as bases dunha visión unificada das leis básicas da natureza.

Premios e condecoracións Concedéuselle, xunto con Robert Brout e Peter Higgs, o Premio de Altas Enerxías e Partículas da Sociedade Europea de Física en 1997 e o Premio Wolf de Física en 2004 polo mecanismo que unifica a curto e longo alcance interaccións a través da xeración masiva de bosóns vectores gauge. Fixo importantes contribucións á física estatística, teoría cuántica de campos, a cosmoloxía, a teoría de cordas e supergravidade.

En 2013 foi galardoado co Premio Nobel de Física e o Premio Príncipe de Asturias de Investigación Científica e Técnica xunto a Peter Higgs e o CERN.

Por real Decreto, o 8 de xullo de 2013 François Englert foi ennobrecido como barón polo rei Alberte II de Bélxica.

Notas

Véxase tamén

Categoría:Nados en 1932 Categoría:Nados en Bruxelas Categoría:Finados en 2026 Categoría:Premios Nobel de Bélxica Categoría:Físicos de Bélxica Categoría:Premios Princesa de Asturias de Investigación Científica e Técnica Categoría:Premio Nobel de Física Categoría:Profesores Categoría:Alumnos da Universidade Libre de Bruxelas