Homieĺ (en belaruso Гомель; en ruso Гомель, "Gomel") é unha cidade de Belarús, centro administrativo da rexión de Homieĺ e a segunda maior do país. Ten unha poboación de 479.935 habitantes (2006) e sitúase na parte sueste do país, na marxe esquerda do río Soj. Localízase nas proximidades da fronteira con Ucraína e da central nuclear de Chernóbil. Malia ter sufrido bastante contaminación polo desastre nuclear de 1986, a poboación continuou a medrar.
Categoría:Cidades de Belarús Categoría:Rexión de Homieĺ