Steven Rodney "Steve" McQueen, nado en Londres o 9 de outubro de 1969 é un director, produtor, guionista e videoartista británico.

Traxectoria Naceu en Londres, con orixes na illa de Granada e estudou arte e deseño no Chelsea College of Arts e belas artes na Universidade de Londres onde comezou a interesarse polo cinema. Pasou brevemente pola Universidade de Nova York, pero encontrou os estudos alí pouco experimentais.

O seu primeiro filme importante foi Bear, en 1993, e tras el realizou máis traballos en vídeo, nos que recoñece a influencia da nouvelle vague e dos filmes de Andy Warhol.Arifa Akbar. "The British film industry has lost its edge, says BFI boss". The Independent, 2 de abril de 2010. En 1999 gañou o premio Turner.

Debutou na longametraxe con Hunger, presentada no Festival de Cannes. O seu filme 12 anos de escravitude (2013) gañou o Óscar ao mellor filme, que recolleu el mesmo como produtor, e valeulle a candidatura a mellor director.

Filmografía Longametraxes Ano Filme 2008 Hunger 2011 Shame 2013 12 anos de escravitude

Curtametraxes Ano Filme 1993 Bear 1995 Five Easy Pieces 1996 Just Above My Head 1996 Stage 1997 Exodus 1997 Deadpan 2001 Girls, Tricky 2002 Illuminer 2002 Western Deep 2004 Charlotte 2007 Gravesend 2009 Giardini 2009 Static

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Brockington, Horace. "Logical Anonymity: Lorna Simpson, Steve McQueen, Stan Douglas." International Review of African American Art 15, No. 3 (1998): 20–29. Downey, Anthony. "Steve McQueen: Western Deep and Carib's Leap." Wasafiri, No. 37 (Winter 2002): 17–20. Demos, TJ. "The Art of Darkness: on Steve McQueen." October, No. 114 (Fall 2005): 61–89. Downey, Anthony. "Steve McQueen: 'Once Upon a Time.'" Journal of Visual Culture, Vol. 5, No. 1 (2006), pp. 119–125. Demos, TJ. "Giardini: A Fairytale." In Steve McQueen (British Pavilion, Venice Biennale, 2009). Ligazóns externas

Entrevista con Steve McQueen, MUBI Thomas Dane Gallery: Steve McQueen Perfil en BBC Steve McQueen en re-title.com

Categoría:Directores de cinema do Reino Unido Categoría:Nados en Londres Categoría:Nados en 1969