Manuel García Adán tamén coñecido como Lolín, nado en Monforte de Lemos o 25 de xullo de 1925 e finado o 29 de xullo de 2012, foi un futbolista galego que xogaba na demarcación de defensa.

Traxectoria Despois de xogar no CD Lemos e no Arsenal de Ferrol fichou polo Celta de Vigo en 1948, equipo no que xogou oito tempadas. Despois militou cinco tempadas no San Fernando CD.

Categoría:Nados en 1925 Categoría:Finados en 2012 Categoría:Nados en Monforte de Lemos Categoría:Futbolistas de Monforte de Lemos Categoría:Defensas de fútbol Categoría:Xogadores do Club Lemos Categoría:Xogadores do Celta de Vigo Categoría:Xogadores do San Fernando CD