Anxa é un nome propio feminino galego. O nome procede do latín angelus, que á súa vez deriva do grego ἄγγελος (ággelos), que quere dicir "mensaxeiro". En galego tamén ten as variantes Xela e Anxela, e os hipocorísticos Xeluca e Xelucha.
En xaneiro de 2023 existían 16 mulleres en Galicia co nome Anxa, cunha media de idade de 24,1 anos,Nome Anxa na Web do Instituto Galego de Estatística 317 co nome Anxela, cunha media de idade de 25 anosNome Anxela na Web do Instituto Galego de Estatística e 210 co nome Xela, cunha media de idade de 11,6 anos.Nome Xela na Web do Instituto Galego de Estatística
Historia A orixe do nome provén da advocación de Nosa Señora dos Anxos. A advocación xurdiu a raíz dun fenómeno atmosférico insólito producido un verán de moita seca que os fieis interpretaron como unha nevarada en pleno mes de agosto.
Santoral 4 de xaneiro: Santa Anxa: natural de Foligno, viviu no século XIII. 27 de xaneiro: Santa Anxa de Mericí: franciscana, viviu no século XV. 2 de outubro: Santos Anxos Custodios. 5 de novembro: Santa Ánxela da Cruz, Sevilla. 14 de decembro: Santa Anxa de Urbina e Antezana
Notas
Véxase tamén Outros artigos Anxos Lista de nomes femininos en galego Lista de nomes femininos galegos máis comúns Ligazóns externas Guía de nomes galegos. Nomes femininos Real Academia Galega
Categoría:Nomes femininos de orixe grega Categoría:Nomes femininos galegos