Invincible é o décimo e derradeiro álbum de estudio do artista estadounidense Michael Jackson. Foi lanzado o 30 de outubro de 2001 por Epic Records. O álbum foi o primeiro que estreou material novo dende Blood on the Dance Floor: HIStory in the Mix en 1997, e o primeiro álbum de estudio despois de seis anos de HIStory: Past, Present and Future, Book I en 1995. Jackson, Rodney Jerkins, R. Kelly e Teddy Riley foron acreditados como produtores e escritores, entre outros. Ó igual que o traballo anterior de Jackson, Invincible explora temas como o amor, o romance, o illamento, a crítica dos medios e asuntos sociais. Invincible recibiu valoracións diversas polos críticos de música contemporáneos.
Listaxe de cancións
Notas
Véxase tamén Bibliografía George, Nelson (2004). Michael Jackson: The Ultimate Collection booklet. Sony BMG.
Categoría:Álbums de Michael Jackson Categoría:Álbums musicais de 2001 Categoría:Álbums de Epic Records