miniatura|Situación do Peruleiro no concello da Coruña.Estudos previos O Peruleiro é un lugar da parroquia da Coruña, situado na zona occidental da Coruña. Antes da anexión do concello de Oza polo da Coruña, este lugar atopábase no límite entre ámbolos dous concellos. O Camiño do Peruleiro foi historicamente a principal vía de acceso á Coruña dende San Pedro de Visma.

Historia Na división en barrios da Coruña de 1839, O Peruleiro estaba incluído no barrio 13.º.

O Peruleiro dá nome á avenida principal, que cruza o barrio. O antigo camiño do Peruleiro foi bautizado en 1931 como rúa de Pablo Iglesias, prolongación da rúa da Cidade Xardín. En 1937, a corporación franquista restituíu o nome anterior.

Etimoloxía O topónimo "peruleiro" só aparece neste lugar e a súa etimoloxía é discutida. O dicionario de Eladio Rodríguez González dá a palabra o significado de "sitio elevado", mais nun documento de 1726 aparece denomidado Peroleiro, o que podería indicar que procede do nome dun veciño chamado "Pedro Leiro".

Lugares e parroquias

Lugares da Coruña

Parroquias da Coruña

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Categoría:Lugares da Coruña Categoría:Barrios da Coruña Categoría:Topónimos galegos con etimoloxía