O exarcado patriarcal de Xerusalén e Palestina é unha sé da Igrexa Católica Maronita inmediatamente suxeita ao patriarcado maronita de Antioquía. En 2010 tiña 1.500 bautizados. O seu exarca actual é Musa al-Hax, O.A.M.
Territorio O exarcado estende a súa xurisdición sobre os fieis católicos maronitas residentes en Xordania. Está estruturado en 2 parroquias.
Historia O 5 de maio de 1985, dous anos despois do Congreso Internacional Eucarístico celebrado en Xerusalén, foi inaugurado en Terra Santa unha vigairía patriarcal para atender aos maronitas que alí vivían, até entón directamente dependentes da arquidiocese de Tiro.
O exarcado patriarcal foi restaurado o 5 de outubro de 1996.
Episcopoloxio Bulus Nabil al-Saya (5 de outubro de 1996 - 6 de xuño de 2011 nomeado arcebispo da curia patriarcal de Antioquía) Musa al-Hax (16 de xuño de 2012 - actualidade)
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Perfíl en Catholic-Hierarchy.org Perfíl en GCatholic.org
Categoría:Divisións territoriais da Igrexa católica maronita Categoría:Divisións territoriais católicas en Xordania Categoría:Exarcados