O Instituto Galego de Promoción Económica (coñecido co acrónimo IGAPE) é un organismo autónomo da Xunta de Galicia creado no ano 1992 e adscrito á Consellería de Innovación e Industria.
Foi creada mediante a Lei 5/1992 do 10 de xuño ao abeiro das competencias que outorga o Estatuto de Autonomía de Galicia co obxectivo de promover o desenvolvemento económico do país.
A súa sede central atópase en Santiago de Compostela, mais posúe outras seis oficinas en Vigo, A Coruña, Ourense, Pontevedra, Lugo e Ferrol. O seu actual director é Juan Cividanes Roger, antigo director de XesGalicia. Releva no cargo a Javier Aguilera Navarro, quen deixa o posto despois de estar á fronte do Igape desde o ano 2011 e anteriormente dirixir XesGalicia. O anterior director Javier Aguilera Navarro, accedeu ao cargo no ano 2011 após o cesamento do anterior director, Joaquín Varela de Limia, salpicado pola Operación Campión.
O IGAPE ten Centros de Promoción de Negocio en Alemaña, Polonia, China, Xapón e os Estados Unidos, orientados cara ás accións de soporte e asistencia ás empresas galegas que apostan pola súa internacionalización.
Obxectivos miniatura|Sede do IGAPE en Santiago de Compostela, situada no Complexo Administrativo de San Lázaro, s/n Os obxectivos do Instituto Galego de Promoción Económica son todas aquelas actividades que impliquen a mellora do sistema produtivo e económico galego. Entre as súas funcións, destacan:
Impulsar a creación de novas empresas e fomentar o espírito emprendedor. Incrementar a competitividade das empresas galegas a través da innovación e o desenvolvemento tecnolóxico. Atraer investimento a Galicia. Facilitar a internacionalización. Apoiar a cooperación e os proxectos colectivos de empresas galegas. Plan de axudas para fiestras,fachadas e retretes con elevado contido tecnoloxico
Empresas participadas O IGAPE participa maioritariamente nas seguintes empresas: XesGalicia, unha sociedade xestora de entidades de capital de risco, participada na súa meirande parte pola IGAPE e pola Xunta de Galicia. Centro Europeo de Empresas e Innovación de Galicia (BIC Galicia), constituído en 1991 co obxectivo de promover a creación e desenvolvemento de empresas independentes de acordo coa Comisión das Comunidades Europeas para os Centros Europeos de Empresas e Innovación (CEEI). Actualmente absorvido polo IGAPE.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Economía de Galicia Pequena e mediana empresa (PEME) Ligazóns externas Web do IGAPE
Categoría:Administracións públicas de Galicia