A vigairía apostólica de Anatolia (en latín: Vicariatus Apostolicus Anatoliensis) é unha sé da Igrexa católica latina inmediatamente suxeita á Santa Sé. En 2004 contaba con 4.550 bautizados. A sé estivo vacante dende o asasinado do seu vigairo en 2010 até o nomeamento dun novo vigairo en 2015, Paolo Bizzeti. Territorio A vigairía apostólica ten xurisdición sobre a parte centro-oriental da rexión de Anatolia. A sé do vigairo é a cidade de Alexandreta, onde está a catedral da Anunciación. En Mersin está unha concatedral, dedicada a san Antonio de Padua. O territorio está ividido en 8 parroquias.

Historia O 13 de marzo de 1845 foi erixida a prefectura apostólica de Trebisonda, en territorios da vigairía apostólica de Constantinopla. O territorio foi confiado ao coidado dos freires capuchinos, e comprendía a zona da costa do Mar Negro, na Anatolia central-oriental. Porén, o 12 de setembro de 1896 a prefectura apostólica foi suprimida, e o seu territorio incorporado novamente á vigairía de Constantinopla.

O 20 de xuño de 1931 co breve Quae ad christiani de Pío XI as dúas circunscricións foron novamente separadas, e nesta ocasión foi creada a misión sui iuris de Trebisonda, inmediatamente suxeita a Propaganda Fide, e que abranguía aproximadamente o mesmo territorio da prefectura apostólica precedente.

O 30 de novembro de 1990, co decreto Quo melius da Congregación para as Igrexas Orientais, a misión sui iuris foi elevada a vigairía apostólica, incorporando a parte centro-meridional de Anatolia e tomando o seu nome actual. A sé do vigairo foi até o 29 de xuño de 2000 a cidade de Mersin, transferida entón a Alexandreta.

O 3 de xuño de 2010 o vigairo apostólico Luigi Padovese foi asasinado polo seu condutor.Nova en L'Osservatore Romano.

Lista de vigairos En 1845 foi erixida a vigairía orixinal, sendo os seus ordinarios os seguintes: Damiano da Viareggio (1845 - 1852) Filippo Maria da Bologna (1852 - 1881) Eugenio da Modica (1881 - 12 de setembro de 1896) En 1896 a sé foi suprimida, mais en 1931 foi restabelecida, sendo dende entón os seus ordinarios os seguintes: Michele da Capodistria (1931 - 1933) Giovanni da Fivizzano (9 de marzo de 1933 - 1955) Prospero Germini da Ospitaletto (1955 - 1961) Michele Salardi da Novellara (1961 - 1966) Giuseppe Germano Bernardini (19 de decembro de 1966 - 22 de xaneiro de 1983, nomeado arcebispo de Esmirna) Ruggero Franceschini (2 de xullo de 1993 - 11 de outubro de 2004, nomeado arcebispo de Esmirna) Luigi Padovese (11 de outubro de 2004 - 3 de xuño de 2010, asasinado) Administrador apostólico Ruggero Franceschini (3 de xuño de 2010 - 14 de agosto de 2015) Paolo Bizzeti (14 de agosto de 2015 - actualidade)

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina web oficial Perfil en Catholic-Hierarchy.org Perfil en GCatholic.org

Categoría:Divisións territoriais católicas en Turquía Categoría:Vigairías apostólicas da Igrexa católica latina