Sharon Marie Tate, nada en Dallas (Texas) o 24 de xaneiro de 1943 e finada no barrio de Benedict Canyon, na cidade dos Ánxeles (California), o 9 de agosto de 1969, foi unha actriz e modelo estadounidense. Durante a década de 1960, apareceu en anuncios e pequenos papeis para a televisión. Tras recibir críticas positivas polas súas actuacións en comedias e dramas, foi loada como unha das figuras máis prometedoras de Hollywood, chegando a ser comparada con Marilyn Monroe.
Estivo casada co director de cine Roman Polanski. Estaba embarazada de oito meses e medio cando foi asasinada na súa casa por seguidores de Charles Manson, xunto a catro persoas máis.
Véxase tamén
Ligazóns externas Páxina oficial
Categoría:Actores de Texas Categoría:Actores de cinema dos Estados Unidos de América Categoría:Actores de televisión dos Estados Unidos de América Categoría:Modelos femininas dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en Dallas, Texas Categoría:Nados en 1943 Categoría:Finados en 1969