500px|miniatura|Ilustración de Redondela realizada por Pier Maria Baldi en 1669. A Historia de Redondela é moi rica. A súa situación nun lugar con boas condicións naturais e estratéxicas fixo que estivese poboada desde moi antigo. De todas as épocas históricas hai vestixios e feitos dignos de mención.

Non se coñece con exactitude a data de fundación, aínda que o primeiro documento oficial que se refire á vila como Redondela é do ano 1267.

Existen vestixios desde o Paleolítico, incluídos varios poboados con mámoas e outras construcións en bo estado de conservación, ademais de obxectos de até mais de tres milenios antes de Cristo.

O seu clima suave, a gran superficie de costa con augas tranquilas no fondo da ría de Vigo e a súa relativa proximidade por mar con Francia e Gran Bretaña, fixo que Redondela fose obxecto de interferencias culturais tanto co norte de Europa como por terra coa romanización.

En 1702 produciuse no Estreito de Rande unha das maiores batallas navais da historia de Galicia entre a armada hispanofancesa e angloholandesa, a Batalla de Rande.

Prehistoria Idade de Pedra miniatura|A Mámoa do Rei atópase na parroquia de Negros. Da época prehistórica existen xacementos tumularios, diversos petróglifos, gravados rupestres e outros elementos arqueolóxicos.

Achados arqueolóxicos amosan presenza humana desde o 3000 a.C. encadrados na denominada cultura megalítica. Os poboados castrexos de Monte do Castro e Castro da Peneda, xunto a achados arqueolóxicos, como ferramentas e petróglifos, testemuñan tamén un importante asentamento na zona durante a cultura castrexa.

O monte Penide conserva máis de 30 mámoas que testemuñan a presenza dunha poboación neolítica no concello, tal e como acontecía no resto de Galicia nese momento. Os primeiros deles foron datados na era paleolítica inferior, no período do plistoceno. De todos os túmulos, o mellor conservado é a Mámoa do Rei, unha mámoa de estrutura poligonal e de diámetro de 15 metros e uns 2,5 de altura. Está catalogada como Ben de Interese Cultural.. miniatura|esquerda|Restos da muralla do Castro da Peneda, no monte da Peneda, na parroquia do Viso. Na parroquia de Ventosela, consérvanse varios petróglifos e gravados rupestres ecuestres. Deles, destaca o conxunto rupestre da Pedreira. Existe unha ruta que percorre todos os xacementos da parroquia, chamada ruta das Pedras.

Idade de Bronce

En canto aos petróglifos e estacións rupestres, en Redondela consérvanse multitude delas espalladas pola súa xeografía. No monte Penide, en Negros, consérvanse diferentes gravados circulares e ovalados. Na parroquia de Ventosela atópanse os petróglifos da Pedreira, con abundantes formas xeométricas, antropomorfas e zoomorfas da denominada idade de Bronce final. Entre estas últimas destacan varias representacións de homes a cabalo que se datan entre 1000 e 600 anos antes de Cristo. No Viso atópase a Pedra das Rodiñas, no lugar da Nogueira, varias rochas e penas con ondulacións e covas. Inscricións similares pódense atopar tamén no Monte do Castro, entre as parroquias de Cabeiro e Negros; e no Chan da Cruz, en Cedeira. En Trasmañó recoñécense diversas representacións de armas, entre as que se atopan puñais, dagas ou espadas curtas, no lugar denominado Poza da Lagoa.

En canto aos obxectos propios desta idade, existen innumerables achados resultado de diferentes escavacións na contorna. A maioría delas atópanse expostas no Museo de Pontevedra. O obxecto atopado de máis antigüidade trátase dunha machada bicóncava de case 600 gramos e 161x77x15,5 milímetros, localizada na parroquia de Trasmañó. Dátase da idade de Bronce media, entre o 1500 e o 1000 antes de Cristo. Tamén outros obxectos máis recentes foron atopados en diferentes lugares do concello: en Cesantes atopáronse preto do mar dúas anelas, en Vilavella unha machada do 800 antes de Cristo e no castro da Peneda atopáronse varias machadas da idade de Bronce final. Tamén, aínda sen localización específica, achouse unha machada de cubo de tipo "de talón".

Idade de Ferro Da Idade de Ferro fican os vestixios castrexos do Castro da Peneda, no monte homónimo. Aínda conserva restos da súa muralla e das casas circulares, non así da totalidade dos castros. Dito xacemento atópase sen escavar, aínda que si foron atopados elementos arqueolóxicos coma caldeiros de bronce, fibelas e alfinetes, machadas puídas, muíños, ánforas e cerámicas.

A maioría dos restos conservados, tanto das idades de Bronce coma de Ferro, atópanse albergados no Museo Provincial de Pontevedra e no Museo de Vigo. Tanto os restos arqueolóxicos coma os achados rupestres non son illados, senón que se integran xunto cos restos arqueolóxicos atopados en concellos limítrofes, pondo de manifesto a importante ocupación dos pobos desde o neolítico até a idade de Ferro.

Idade Antiga

A finais do século I antes de Cristo o Imperio Romano estableceuse no noroeste da Península Ibérica, mesturándose coa cultura galaica ou castrexa dando lugar á denominada Cultura Galaicorromana. En Redondela, esta cultura deixou constancia da súa presenza na zona con varios miliarios, a meirande parte deles conservados no Museo de Pontevedra. 280px|miniatura|esquerda|O miliario de Santiaguiño de Antas, ou miliario de O Marco, é o mellor conservado dos miliarios redondeláns, e un dos poucos que se conserva in situ.Dimensións: Altura:1,70 metrosCircunferencia superior: 1,88 metrosCircunferencia inferior: 1,93 metros O máis coñecido, o miliario de Santiaguiño de Antas, está adicado ao emperador Hadriano. Dita construción, descuberta en 1877, está dividido en 4 anacos, dous dos cales foron localizados no lugar de Padrón, na parroquia de Saxamonde, e os outros dous na parroquia de Quintela. Este miliario dátase do século II (ano 133 d.c.), ten 2,9 m de alto e 2,29 m de diámetro, e está adicado a Publio Elio Hadriano, emperador entre os anos 117 e 138.

Outros tres miliarios foron identificados arredor do concello: outro na parroquia de Quintela, outro na parroquia de Saxamonde, e dous en Cesantes.

O primeiro deles, o miliario de Quintela, foi descuberto no ano 1896, e data de entre os anos 350 e 353 d.C., anos durante os que exerce o mandato o emperador Decencio. Así pois, a estrutura do miliario atópase gravada cunha cita adicada a dito emperador.

Na parroquia de Cesantes existen dous miliarios, ambos os dous localizados no lugar de Outeiro de Penas. Un deles, descuberto no século XIX, está adicado ao emperador Numeriano, polo que a súa construción dátase entre os anos 283 e o 284 d.C, anos nos que dito emperador gobernou. O segundo miliario está adicado ao emperador Anepígrafe. Foi descuberto en 1975, e consérvase na Casa da Torre, no concello de Redondela.

Ademais de miliarios, consérvanse diversos obxectos romanos atopados en diferentes escavacións. En Cedeira atopáronse diferentes obxectos de cerámica nun vestixio de vila romana con varias habitacións. Tamén no lugar de Soutoxuste, no Viso, atopáronse vestixios dunha estela romana, e no lugar do Pazo, na mesma parroquia, foron identificadas pedras e moedas da época.

Idade Media Alta Idade Media 300px|miniatura|No ano 977, as tropas do xeneral Almanzor arribaron a Redondela dende Braga, chegando até Santiago de Compostela e incendiando a Catedral. Nos primeiros anos do século V comezou o declive do Imperio Romano de Occidente, feito que propiciou que chegasen a Galicia, e polo tanto a Redondela, numerosas incursión de pobos do norte de Europa, en especial do suevos. Así, após a caída oficial do Imperio Romano no ano 406, varias poboacións bárbaras europeas comezaban a asentarse no territorio. Arredor do ano 409, dirixidos polo seu rei Hermerico, uns 40.000 suevos chegaron á provincia romana da Gallaecia, onde lograron instalarse mediante un posible pacto con Roma, establecendo a capitalidade na cidade de Bracara Augusta (hoxe coñecida coma Braga, Portugal).

Durante o século X, varias incursións normandas tentaron facerse co territorio da bisbarra de Redondela. Así, no ano 968, e baixo o mando do segundo duque de Normandía, unhas duascentas naves chegaron a Galicia atrancando na ría de Arousa e procedentes da Bretaña francesa. Este exército, baixo o mando de Gudrød (Guðrǫðr), máis coñecido co nome de Gunderedo, tiña como obxectivo chegar a Santiago de Compostela. Nunha tentativa de expansión cara ao sur de Galicia, e tendo como un dos obxectivos o saqueo da vila de Redondela, o exército normando comezou a dirixirse cara ao sur. Porén, o bispo Sisenado II de Iria Flavia, organizou un exército para lle facer fronte, librándose unha batalla o 29 de marzo dese mesmo ano, nos arredores do actual concello de Fornelos de Montes. Dita batalla, coñecida coma a batalla de Fornelos, saldouse coa morte do bispo compostelán, e co conseguinte avance das tropas normandas, que continuaron a súa incursión até o Courel.

Nese mesmo século, no ano 997, os árabes chegan a Redondela da man do xeneral Almanzor. O exército árabe saqueou as vilas dos arredores das rías de Vigo e Arousa, e o 10 de agosto dese mesmo ano chegou a Santiago de Compostela, incendiando a Catedral de Santiago e mais o sepulcro do Apóstolo.

Baixa Idade Media Durante os seguintes séculos, a vila de Redondela comezou a ser dinamizada polo Camiño Portugués de Santiago, feito que foi aproveitado por civilizacións foráneas para asaltar e atacar a vila. Así, no ano 1014 a ría de Vigo é atacada polo viquingo noruegués Olav Haraldson. Anos despois, no 1032, o conde normando Easl Ulf atacaron Redondela e saquearon o patrimonio local, até seren expulsados polo bispo Cresconio.

No século XI estableceríase en Redondela unha familia nobiliaria coñecida co nome de Mañó ou Man(i)ola, asentándose nunha casa señorial arredor do val que forma o río Maceiras. Froito deste acontecemento, o topónimo de Redondela era ás veces empregado indistintamente xunto co de Mañó, e varias parroquias actuais derivaron da toponimia desta casa nobiliaria: Mañó (Quintela) e Trasmañó (detrás de Quintela). Mentres, unha orde de monxes coñecidos como a Orde Militar dos Cabaleiros Templarios asentáronse no concello ocupando o convento de Vilavella por unha banda, e a illa de San Simón por outra. Nesta última foron os responsábeis da construción da ermida de San Simón, onde o poeta Mendinho compuxo a única peza que se lle atribúe:

20pxSediam'eu na ermida de San Simón e cercaronm'as ondas, que grandes son, eu atendend'o meu amigo, eu atendendo'o meu amigo...20px

En 1120 Redondela é invadida polo exército portugués, sendo recuperada posteriormente por Doña Urraca.

Idade Moderna O período comprendido entre os séculos XVI e XVIII en Redondela está condicionado por dous factores: as epidemias de peste e outras doenzas que proviñan en moitos casos do outro lado do Atlántico, e a batalla naval entre a frota hispano-francesa e a anglo-holandesa na ría de Vigo, coñecida coma batalla de Rande. As grandes epidemias miniatura|Antigo lazareto na Illa de San Simón, empregado para establecer corentenas especialmente a navíos procedentes de ultramar. Malia non existir grandes batallas nin conflitos bélicos no concello nin nos territorios veciños (agás a batalla de Rande), na Idade Moderna Redondela sufriu unha considerábel perda de poboación urbana coma consecuencia de doenzas infecciosas coma a peste ou a cólera. Diversas epidemias azoutaron o territorio minguando a poboación como consecuencia do aumento do comercio e coas viaxes transatlánticas que comezaron coa colonización de América en 1492.

En 1598 produciuse unha epidemia de peste que afectou a centros de persoas, cobrouse a vida de ducias e obrigou a sacrificar cans, galiñas, porcos, ovellas e outros animais domésticos. Aos efectos da infección sumáronse a pobreza e a fame.