Diapherotrites é un novo filoUniProt Taxonomy Diapherotrites candidato de microorganismos do dominio das arqueas. Un nome sinónimo é División candidata DUSEL3 (iniciais de Deep Underground Science and Engineering Laboratory de Soudan, Minnesota). As Diapherorites forman parte do clado DPANN, xunto cos novos filos candidatos Parvarchaeota, Aenigmarchaeota, Nanohaloarchaeota e Nanoarchaeota, cuxas iniciais forman o acrónimo DPANN.Christian Rinke, Patrick Schwientek, Alexander Sczyrba, Natalia N. Ivanova, Iain J. Anderson, Jan-Fang Cheng, Aaron Darling, Stephanie Malfatti, Brandon K. Swan, Esther A. Gies, Jeremy A. Dodsworth, Brian P. Hedlund, George Tsiamis, Stefan M. Sievert, Wen-Tso Liu, Jonathan A. Eisen, Steven J. Hallam, Nikos C. Kyrpides, Ramunas Stepanauskas, Edward M. Rubin, Philip Hugenholtz, e Tanja Woyke. Insights into the phylogeny and coding potential of microbial dark matter. Nature. Volume:499, Pages: 431–437. Date published: (25 July 2013). DOI: doi:10.1038/nature12352. A análise de tres xenomas de célula única recollidos en minas permitiron avaliar o metabolismo e ecoloxía deste filo. As súas capacidades catabólicas son limitadas, pero poden levar unha vida libre, transformando ribosa, polihidroxibutirato, e algúns aminoácidos en acetil-CoA, pero son auxotróficas para varios aminoácidos e cofactores. O seu xenoma presenta para moitos xenes anabólicos signos de transferencia horizontal de xenes desde o dominio das bacterias.N. Youssef, C. Rinke, R. Stepanaukas, M. S. Elshahed, T. Woyke. Insights into the Metabolic Capacities, Lifestyle Preferences, and Putative Evolutionary History of the Novel Archaeal Phylum Diapherotrites using Single Cell Genomics. Comprende o xénero candidato Iainarchaeum, coa especie Iainarchaeum andersonii.NCBI Taxonomy Iainarchaeum andersonii.

Notas

Véxase tamén Bases de datos científicas

Categoría:Arqueas