Manuel Ángel García Rodríguez, coñecido como Manolo García, nado en Ferrol o 21 de xaneiro de 1968, é un adestrador de fútbol galego. Desde o 2025 adestra a selección galega de afeccionados.

Traxectoria Na tempada 2006–07 firmou polo Racing de Ferrol de Segunda División B, sendo relegado na xornada 29, a falta de 9 partidos. O seu substituto foi Juan Miguel Veiga, que logrou o ascenso a Segunda División.

En marzo de 2012 foi contratado polo As Pontes de Terceira División, por unha tempada con opción a outra.Manolo García, nuevo entrenador del As Pontes; La Voz de Galicia, 7 de marzo de 2012 Na tempada 2013–14, tras renovar, logrou un quinto posto, que case lle abre as portas do playoff de ascenso. Tras o remate da campaña rescindiu o seu contrato, sendo substituído por Iván Rodríguez.El técnico local Iván Rodríguez se hace cargo del banquillo del As Pontes; Diario de Ferrol, 24 de xuño de 2014

Na pretempada 2014–15 firmou polo Racing de Ferrol de Segunda División B, en substitución de José Manuel Aira.El Racing de Ferrol confirma el fichaje de Manolo García como nuevo entrenador; La Voz de Galicia, 21 de xuño de 2014 Foi cesado o 17 de xuño de 2015, sendo o seu substituto Miguel Ángel Tena."El Racing de Ferrol prescinde de Manolo García""Miguel Ángel Tena, nuevo entrenador del Racing de Ferrol"

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Datos do adestrador en bdfutbol.com

Categoría:Nados en 1968 Categoría:Nados en Ferrol Categoría:Adestradores de fútbol de Galicia Categoría:Adestradores do CD As Pontes Categoría:Adestradores do Racing de Ferrol