Iolanda Vázquez Cordeiro, tamén coñecida como Yolanda Vázquez, nada en Vigo o 23 de decembro de 1965, é unha presentadora de televisión galega.
Traxectoria
É licenciada en Filosofía e Ciencias da Educación pola Universidade de Santiago de Compostela. Porén, iniciou o seu labor profesional no mundo da televisión a mediados dos 80 na Televisión de Galicia como redactora e presentadora. Dende aquela desenvolveu unha dilatada carreira sobre todo na canle pública galega, aínda que tamén fixo a súa aparición en canles estatais como La 1, La 2, Antena 3, Telecinco ou laSexta.
O seu último traballo en televisión foi no espazo sobre a primeira infancia Su primer año da canle de pagamento Decasa. Nos últimos anos tamén realizou diversos proxectos para a TVG coma o divulgativo científico Conexións así como varias galas especiais. En xaneiro do 2010 copresentou canda Xosé Ramón Gayoso o veterano programa Luar. Dende o ano 2013 colabora no programa A tarde da Radio Galega.
É filla de Antonio Vázquez "Tocho", compoñente do extinto grupo Los Tamara. Malia non se considerar cantante, actuou en varios programas da TVG en compañía de seu pai. Ademais, puxo voz a un dos temas de Música, o terceiro disco do pianista Enrique Paisal.
Como presentadora de TV Imos ver (1986), na TVG. Gala de fin de ano (1986), na TVG. Gala do II Aniversario da TVG (1987), na TVG. Por la mañana (1989), en La 1. Coa miña xente (1991-1992), na TVG. Inocente, inocente (1992), na TVG. O que vai vir (1992-1993), na TVG. Imprevisible (1993), na TVG. Galicia enteira (1993-1996), na TVG. Con música propia (1996), na TVG. De todo corazón (1996-1997), na TVG. Galicia terra única (1997), na TVG. Cada día (1997-1998), na TVG. Gente (1998-2000), en La 1. Corazón de... (1999), en La 1. Empléate a fondo (2000), en La 2. Aquí hay trabajo (2000-2001), en La 2. Historias de hoy (2001), en Telecinco. Distancia (2001-2002), na TVG. Galicia directo (2002), na TVG. Tardes de verán (2002), na TVG. A revista fin de semana (2002), na TVG. Gala de fin de ano (2002), na TVG. El diario de verano (2003-2006), en Antena 3. Galas do Camiño (2004), na TVG. Gala de fin de ano (2004), na TVG. Sempre Pucho (2006), na TVG. Juicio de parejas (2006), en laSexta. Pequeno gran show (2006), na TVG. El diario de Patricia (2006-2007), en Antena 3. El diario del viernes (2007), en Antena 3. Luar (2010), na TVG. Conexións (2010), na TVG. Su primer año (2010-2013), en Decasa. Gala 70º aniversario da Orquestra Los Satélites (2011), na TVG. Verbenalia (2012), na TVG.
Galardóns e nomeamentos TP de Oro como mellor presentadora e guionista (1991).
Premios Mestre Mateo Ano Categoría Título Resultado2010Mellor comunicador de televisiónConexiónsNomeada
Véxase tamén Ligazóns externas
Categoría:Presentadores da TVG Categoría:Nados en Vigo Categoría:Nados en 1965 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela