A Abelleira é un lugar da parroquia de Galdo, no concello lugués de Viveiro, na comarca da Mariña Occidental. Segundo o IGE, en 2024 tiña 13 habitantes (8 homes e 5 mulleres).

Xeografía Está situado entre dúas pontes do río Bravos, ao pé do monte Castelo. Está atravesado polo rego da Veiga. Limita ao sur coa Devesa, ao sueste con San Miguel e A Corredoira, e ao norte con Fornela.

Ten un depósito de auga e unha capela da Nosa Señora de Belén, na que cada 6 de maio se celebra misa con procesión. Antigamente tivo un colexio de seu, dúas tabernas, un salón de baile (reconvertido en vivenda) e un muíño (actualmente en ruínas).

Lugares e parroquias Lugares de Galdo

Parroquias de Viveiro

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lugares de Viveiro

Categoría:Lugares de Viveiro