Francisco Javier Cárdenas Maldonado, coñecido coma Fran Cárdenas, nado o 3 de outubro de 1990 en La Palma del Condado, Huelva, é un xogador profesional de baloncesto español que xoga para o CB Ciudad de Huelva da Liga EBA. Cunha estatura de 1,78 metros xoga na posición de base.
Traxectoria profesional O 20 de xuño de 2014, anunciouse a súa fichaxe polo Obradoiro CAB da Liga ACB. Na súa primeira tempada na máxima categoría foi o terceiro base do equipo, e acadou 2.0 puntos e 1.2 asistencias en 23 partidos nos que participou. O 18 de xuño de 2015, renovou o seu contrato co Obradoiro por unha tempada máis.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Perfil en FEB.es
Categoría:Nados en 1990 Categoría:Nados en La Palma del Condado Categoría:Xogadores de baloncesto de España Categoría:Bases de baloncesto Categoría:Xogadores de baloncesto da ACB Categoría:Xogadores do Club Ourense Baloncesto Categoría:Xogadores do Oviedo CB Categoría:Xogadores do Obradoiro CAB Categoría:Xogadores do CB Peñas Huesca Categoría:Xogadores do Cáceres Ciudad del Baloncesto Categoría:Xogadores do CB Huelva la Luz