As ameixas á mariñeira son un guiso de ameixas moi típico da gastronomía de Galiza, particularmente da zona das Rías Baixas, sendo tamén moi popular noutras zonas de España coma Cantabria. As ameixas elabóranse cun rustrido de cebola e allo, e con viño branco. Todo isto aromatizado e corado con pementón. Este prato sérvese quente, tradicionalmente nunha pota ou cazola de barro.
Características Trátase dunha preparación que polo uso do marisco posúe un característico recendo e sabor a mar, provindo a denominación «á mariñeira» desta característica. Ás veces empréganse as polas doutros marisco co obxecto de elaborar un caldo que acompañe e aromatice o prato. Adóitanse empregar ameixas, aínda que nalgunhas ocasións preséntanse pratos con chirlas (chirlas á mariñeira), que acostuman ter un menor tamaño. Do mesmo xeito pode elaborarse o prato con mexillóns (mexillóns á mariñeira).
O mollo adoita ter unha cor arroibada por mor do uso do pemento doce. Nalgunhas ocasións engádese pemento tipo chile en po, que lle dá un sabor lixeiramente picante.
Notas
Categoría:Pratos de marisco Categoría:Gastronomía de Galicia Categoría:Gastronomía de Cantabria