O cangrexo ermitán vermello,Lahuerta, F. e Vázquez. F. X. (2000), p. 241. é unha especie de crustáceo decápodo da infraorde dos anomuros, superfamilia dos paguroideos e familia dos dioxénidos.
Como outros cangrexos ermitáns, o seu abdome non está calcificado, polo que usa cunchas de caracol como casas portátiles.
Aínda que é unha especie comestíbel, é moi pouco frecuente nas lonxas, estando totalmente ausente nos mercados.Dardanus arrosor (Herbst, 1796) en ICTIOTERM .
Taxonomía A especie foi descrita en 1796 polo naturalista alemán Johann Friedrich Wilhelm Herbst.Dardanus arrosor (Herbst, 1796) no WoRMS.
Ao longo do tempo foi denominado polos seguintes sinónimos:
Aniculus chiltoni Thompson, 1930 Cancer arrosor Herbst, 1796 (basónimo) Dardanus arrosor divergens Zariquiey, 1952 (subespecie considerada inxustificada) Eupagurus striatus Cuenot, 1892 Pagurus arrosor (Herbst, 1796) Pagurus incisus Olivier, 1812 Pagurus striatus Latreille, 1802 Pagurus strigosus Bosc, 1802 Petrochirus arrosor (Herbst, 1796)
Características As principais características do cangrexo ermitán vermello son: Lonxitude de até 6 cm. Casca branda e abdome espido. Agocha o abdome en cunchas baleiras e caracois e cornos mariños como, por exemplo, Charonia lampas e Galeodea rugosa. Pinzas desiguais, a esquerda máis grande, con cristas transversais e pelos. Coloración vermella viva.
Distribución e hábitat A especie vive en practicamente en augas temperadas e cálidas de case todos o mares e océanos do mundo, encontrándose sobre todo no Atlántico oriental, desde o sur da Gran Bretaña até Suráfrica, nas illas Azores, Canarias, Madeira e Cabo Verde e o mar Mediterráneo, no Índico, no Pacífico (China, Xapón, Australia e Nova Zelandia) e en Centroamérica, en ambos os océanos, achándose desde os montes submarinos até as praias e as pozas da zona intermareal.Dardanus arrosor (Herbst, 1796) en GBIF Backbone Taxonomy. Ver mapa de distribución.Dardanus arrosor en Encyclopedia of Life.
É característica a asociación simbiótica entre a anemone Calliactis parasitica e o cangrexo ermitán vermello. A diferenza do cangrexo ermitán propiamente dito, Pagurus bernhardus, o vermello pode mostrar un patrón de comportamento activo que axuda á transferencia de Calliactis á cuncha na que vive. Extensos ensaios mostraron, porén, unha marcada tendencia destes cangrexos, que se dividen en dous grupos: os 'artistas', que mostran adoito este comportamento, e os 'non-artistas', que case nunca amosan esta actividade. A maioría dos 'artistas' son femias, mentres que os máis dos machos son 'non-artistas'. Calliactis transfírese con frecuencia a cunchas ocupadas por Dardanus sen axuda do cangrexo. Observacións sobre estes casos e experimentos con cunchas demostran que para a transferencia exitosa é necesaria a cooperación da anemone.Ross, D. M. & L. Sutton (1961): "The Association between the Hermit Crab Dardanus arrosor (Herbst) and the Sea Anemone Calliactis parasitica (Couch)". Proc. R. Soc. Lond. B 155 (959): 282-291. Ver resumo .
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Lahuerta, F. e Vázquez, F. X. (2000): Vocabulario multilingüe de organismos acuáticos. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia. ISBN 84-453-2913-8. Türkay, M. (2001): "Decapoda" en: Costello, M. J. et al. eds. (2001): European register of marine species: a check-list of the marine species in Europe and a bibliography of guides to their identification. París: Muséum national d'Histoire naturelle. Collection Patrimoines Naturels, 50: 284-292. ISBN 2-85653-538-0. McLaughlin, P. A.; Lemaitre, R. & Sorhannus, U. (2007): "Hermit crab phylogeny: a reappraisal and its “fall-out”". Journal of Crustacean Biology, 27 (1): 97-115. Resumo
Outros artigos Anomuros Paguroideos Cangrexo ermitán
Ligazóns externas Dardanus arrosor en Encyclopedia of Life . Numerossas informacións, fotografías e mapas de distribución. Consultada o 26 de agosto de 2014. Dardanus arrosor en Waste Magazine Información, fotos e videos. Consultada o 26 de agosto de 2014.
Categoría:Anomuros Categoría:Crustáceos de Galicia Categoría:Crustáceos do océano Atlántico