Cocorico é unha serie de televisión galega que é emitida a través do espazo xuvenil Xabarín Club da TVG. A serie está dirixida por Zé Carlos Pinto, con guión de Luís L. Alonso. Está baseada no libro infantil Cocorico de Marisa Núñez e Helga Bansch, que é unha adaptación libre dun conto tradicional birmano que trata sobre a necesidade de escoitar os bos consellos, a importancia de cumprir as promesas e a dificultade que supón aprender a compartir. Cada episodio ten unha duración de 13 minutos.

Sinopse Cocorico é un pitiño curioso, rebuldeiro, inocente e bo; algo testán e con ganas de aprender e probalo todo. Na compaña da súa panda: o porco Comechón, a ovella Vellocina, o rato Mus, o pato Cuá... vai vivir numerosas aventuras nas que non sempre será doado atopar o camiño axeitado a seguir; pero para iso, tamén vai contar coa axuda adulta de Mamá Galiña, Don Cadelo, o galo Crechas e a carteira Tartaruga, que tratarán de que Cocorico aprenda o que é a vida e estea seguro fronte as trampas, perigos e estrataxemas que os malvados Gato Pelado, raposa Vulpa e o gabián Voraz, crearán para poder papalo.

Personaxes O director de dobraxe é Monti Castiñeiras, con produción de Raquel Rodríguez Salamanca. Actor de dobraxe PersonaxeTere SantamaríaCocoricoAna MaciñeirasMamá GaliñaXavier PerdizDon CadeloAntón ReyGato PeladoMontse DavilaCinaGáspar GonzálezMusBea GarcíaPopóTacho GonzálezComechónAna LemosVulpa/Cigu/Zancas/CicconiaAlfonso AgraVoraz/Conde BufoÓscar FernándezCuáMatías BreaCrechasXermana CarballidoTartarugaLuís IglesiaGuorriLucía CidTata/Mamá Cegoña

Episodios # Título galego Data de emisión

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Cocorico na CRTVG

Categoría:Series de televisión iniciadas en 2014 Categoría:Xabarín Club Categoría:Series da TVG Categoría:Series de televisión de Galicia Categoría:Series de televisión en lingua galega