Os mexillóns tigres, tamén chamados mexillóns recheos ou mexillóns rabiosos, son un prato servido coma tapa ou petisco orixinario de Galicia, mais é popular en moitas zonas do norte de España, e tamén como tapa en Madrid. Consiste nunhas cunchas de mexillóns enchidas, rebozadas e fritidas.CEAC, (2007), Cocina de Fiesta, Ediciones CEAC, pág. 36 Adóitanse servir fríos ou quentes coma tapa, xeralmente acompañando unha bebida: viño (xeralmente viño branco: un albariño) ou un vaso de cervexa.
Características O recheo dos tigres adoita constar dunha masa na que participan a carne dos propios mexillóns, cebola, allo, pan relado, un ovo duro. As máis das veces acostúmase engadir algún mollo picante. Adóitase formar unha masa mesta (semellante a unha bechamelÁngela Landa, (2006), A fuego lento: la cocina de Ángela Landa, 4ª Ed, Editorial NEREA, pág. 19) que rechea a cuncha do mexillón. Rebózase con pan relado (empánase) e frítese en aceite a ferver até que collan unha cor dourada. Ás veces chámaselle tigre á croqueta elaborada coa mesma masa, mais sen a carapaza.
Notas
Categoría:Tapas de Galicia Categoría:Pratos de marisco