Edie McClurg, nada o 23 de xullo de 1945 en Kansas City, Missouri, é unha actriz, humorista e cantante estadounidense. Participou con papeis secundarios en filmes como Carrie (1976), Ferris Bueller's Day Off (1986) e Elvira: Mistress of the Dark (1988), e con pequenos papeis en Cheech and Chong's Next Movie (1980), Mr. Mom (1983) Back to School (1986), Planes, Trains and Automobiles (1987), A River Runs Through It (1992), Asasinos natos (1994), Flubber (1997) e Air Bud: Spikes Back (2003). Tamén fixo traballos para televisión e como actriz de voz.

Notas

Véxase tamén

Categoría:Actores de Missouri Categoría:Actores de cinema dos Estados Unidos de América Categoría:Actores de teatro dos Estados Unidos de América Categoría:Actores de teatro musical dos Estados Unidos de América Categoría:Actores de televisión dos Estados Unidos de América Categoría:Actores de voz dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en Kansas City, Missouri Categoría:Nados en 1945