David Andrew Leo Fincher, nado en Denver (Colorado) o 28 de agosto de 1962 é un director de cinema estadounidense.

Traxectoria Fincher comezou a realizar filmes aos oito anos, inspirado por Butch Cassidy and the Sundance Kid e máis adiante estudou no Berkeley Film Institute. O seu primeiro traballo no cinema foi en Korty Films e en 1983 foi contratado por Industrial Light & Magic, onde traballou en filmes como O retorno do Jedi e Indiana Jones e o templo maldito.

En 1984 abandonou ILM, pasando a dirixir publicidade e documentais, o mesmo tempo que comezou a dirixir videoclips.

Debutou na longametraxe con Alien 3, que non foi ben recibida, volvendo á publicidade e aos vídeos musicais. En 1995 dirixiu Seven, filme de grande éxito, tralo que seguiu dirixindo filmes de éxito comercial e crítico como Zodiac, O curioso caso de Benjamin Button ou A rede social.

Filmografía Ano Título 1992 Alien 3 1995 Seven 1997 The Game 1999 Fight Club 2001 The Hire (serie de curtas, produtor) 2002 Panic Room 2005 Lords of Dogtown (produtor executivo) 2006 Love and Other Disasters (produtor executivo) 2007 Zodiac 2008 O curioso caso de Benjamin Button 2010 A rede social 2011 The Girl with the Dragon Tattoo 2013 House of Cards (2 episodios) 2014 Perdida 2020 Mank 2023 The Killer

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

David Fincher en MVDbase.com Senses of Cinema: Great Directors Critical Database

Categoría:Directores de cinema dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en Denver, Colorado Categoría:Nados en 1962