Emilio Amor Rolán, nado en Ourense e finado na mesma cidade o 19 de maio de 1937El Pueblo Gallego, 22-5-1937, p. 9, foi un avogado, xornalista e político galego.

Traxectoria Estudou dereito, pero non exerceu. Foi catedrático de Escolas Normais, e logo de dar clase na Coruña e León dirixiu a Escola Normal de Ourense. Na ditadura de Primo de Rivera foi deputado provincial e Gobernador civil de Huesca (1924-1927) e Murcia (1927-1929). O 6 de setembro de 1924 recibiu unha homenaxe en Maside.

Colaborou en Heraldo Orensano e en Galicia. Diario de la mañana, onde en 1930 publicou o artigo "¿Hacia la unificación de la ortografía gallega?", comentando a proposta ao respecto de Antonio Couceiro Freijomil. Fixo o epílogo do libro Del Orense antiguo de José Adrio Menéndez (1935).miniatura|300px|Nunha homenaxe a Marcelo Macías en 1917, de pé (de esq. a der.): Losada Diéguez, José Osorio Martínez, Julio A. Cuevillas, Emilio Vázquez Pardo e Jesús Soria. Sentados: Manuel Cambón Fraga, Antonio Gaite Lloves, Benito Fernández e Emilio Amor.|centro alt=Foto da tumba|miniatura|Lápida da tumba no Cemiterio de San Francisco Vida persoal Fillo de Juan Manuel Amor Pereira. Casou con Obdulia Vázquez García, de Maside.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Gobernadores civís de Huesca Categoría:Nados en Ourense Categoría:Finados en 1937 Categoría:Nados no século XIX Categoría:Gobernadores civís de Murcia Categoría:Avogados de Ourense Categoría:Profesores Categoría:Nados en ano descoñecido