Jaime Pérez Colemán, nado en 1882 e finado en Ourense o 19 de decembro de 1964, foi un catedrático e político galego.
Traxectoria Foi catedrático de Literatura dos Institutos de Ourense e Valencia. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi o redactor, xunto con José Fernández Borrajo, da primeira folla de propaganda difundida polos rebeldes. Foi designado polos gobernadores civil e militar para acudir á Asemblea Anti-Comunista de Lisboa en agosto, e ingresou en Falange a mediados de decembro. Foi presidente da Deputación de Ourense do 11 de xullo de 1938 a outubro de 1939. Posteriormente foi Delegado de Educación Popular. Finou en Ourense o 19 de decembro de 1964.El Pueblo Gallego, 20-12-1964, p. 12.
Recoñecementos
Cruz de Cabaleiro da Orde de Cisneros en 1952.La Región, 30-10-1952, p. 4. Notas
Véxase tamén Bibliografía
Ligazóns externas Os Presidentes da Deputación
Categoría:Profesores de educación secundaria
Categoría:Presidentes da Deputación de Ourense Categoría:Nados en 1882
Categoría:Finados en 1964