Fábrica Nacional de Automóviles, Aviones y Motores de Aviación foi un fabricante español de aeronaves, motores de avión e automóbiles con sede en Barcelona de 1948 ata 1949. O nome da marca era Nacional RG.
Historia da compañía
O cubano Ramón Girona Guillaume, que anteriormente traballara na fábrica francesa de automóbiles, avións e motores de aviación Farman, fundou a empresa en 1948 en Barcelona e comezou a produción. A produción terminou en 1948 ou 1949, moi probablemente, debido as trabas burocráticas e da falta de material daquela época. Tivo que liquidar a empresa, da que queda un rastro case nulo.
Avións A compañía presentou en 1948 na XIV. Feria Internacional y Official de Muestras da Cidade Condal dúas pequenas aeronaves de dúas prazas.The New Illustrated Encyclopedia of Automobiles Para asegurar a produción dos seus propios motores.
Vehículos O único modelo foi un microcoche de '6 HP'. O motor, refrixerado por auga, era un motor bóxer de dous cilindros con 692 cc e 18 hp. A velocidade máxima era de 80 km/h. O vehículo era un sedán convertible de dúas portas.
Aínda existe un vehículo no museo do automóbil Collecció d’Automòbils de Salvador Claret en Sils.
Notas
Véxase tamén Bibliografía Harald Linz, Halwart Schrader: Die Internationale Automobil-Enzyklopädie. United Soft Media Verlag, München 2008, ISBN 978-3-8032-9876-8. Nick Georgano: The Beaulieu Encyclopedia of the Automobile, Volume 2 G–O. Fitzroy Dearborn Publishers, Chicago 2001, ISBN 1-57958-293-1 David Burgess Wise: The New Illustrated Encyclopedia of Automobiles. Greenwich Editions, 2004, ISBN 0-86288-258-3 Walter Zeichner: Kleinwagen International. Motorbuch-Verlag, Stuttgart 1999, ISBN 3-613-01959-6.
Ligazóns externas
Páxina de Internet de autopasion18.com (español con fotos)
Categoría:Fabricantes de automóbiles de España Categoría:Empresas de Cataluña