A magnolia de Soulange (Magnolia × soulangeana), tamén chamada magnolia chinesa, é unha especie híbrida da familia das magnolias de folla caediza. É común na xardinaxe galega. thumb|240px|Vista da árbore

Descrición Obtida por cruzamento entre M. denudata e M. lilifolia, é unha árbore de até 6 m de altura ou un arbusto que pode acadar os 5 m de altura, as súas follas caedizas son elípticas e largas con nervadura mediana. De floración temperá, as súas grandes flores abrancazadas posúen tons de cor rosado máis intenso cara a base, aparecen antes que as follas polo que corren o risco de se xear en climas fríos.

Orixe e variedades Este híbrido, que se obtivo por vez primeira en Francia, leva o nome do cabaleiro que o cultivou, Soulange-Bodin. Existen algunhas variedades del frecuentemente utilizadas en xardinaxe. De entre elas cómpre salientar Alba (ou alba superba), con flores dun branco puro. Alexandrina, con flores precoces, abrancazadas e rosadas na base. Lennei, con flores profundamente carmesís ou rosadas e brancas no interior. Norbertiana, con grandes flores brancas e unha rechamangueira follaxe púrpura. Rubra, flores rosado-avermelladas. Speciosa, de flores brancas interiormente e rosado-purpúreas no exterior, é de floración máis serodia ca o resto de variedades da especie e de flores máis miúdas e duradeiras.

Taxonomía Magnolia soulangeana foi descrito por Étienne Soulange-Bodin Soulaire e publicado en Mémoires de la Société Linnéenne de Paris, précédés de son histoire 1826: 269. 1827. Etimoloxía Magnolia: nome xenérico outorgado en honra de Pierre Magnol, botánico de Montpellier (Francia).

soulangeana: epíteto outorgado en honra do cabaleiro que cultivou a variedade, Soulange-Bodin. Sinonimia Magnolia × brozzonii Millais Magnolia conspicua var. alexandrina Loudon Magnolia conspicua var. citriodora Loudon Magnolia conspicua var. soulangeana (Soul.-Bod.) Loudon Magnolia conspicua var. speciosa Loudon Magnolia lene Pepin Magnolia × lenneana (Lem.) Koehne Magnolia × lennei Van Houtte Magnolia obovata var. soulangeana (Soul.-Bod.) Ser. Magnolia × soulangeana var. brozzinii auct. Magnolia speciosa Van Geel Magnolia yulan var. soulangeana (Soul.-Bod.) Lindl. Yulania × lenneana Lem. Yulania × soulangeana (Soul.-Bod.) D.L.Fu en PlantList

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Magnolia (xénero) Bibliografía Lozano-Contreras, G. 1983. Magnoliaceae. 1: 1–119. In Fl. Colombia. Universidad Nacional de Colombia, Santafé de Bogotá. Flora of China Editorial Committee. 2008. Flora of China (Menispermaceae through Capparaceae). 7: 1–499. In C. Y. Wu, P. H. Raven & D. Y. Hong (eds.) Fl. China. Science Press & Missouri Botanical Garden Press, Beijing & St. Louis.

Categoría:Magnolia Categoría:Plantas ornamentais