Charlotte Elisabeth Germaine Saisset-Schneider, nada en Amiens (Somme) o 17 de novembro de 1882 e finada en París o 20 de xullo de 1942Flitterman-Lewis 1996 foi unha cineasta, crítica e xornalista francesa, coñecida como Germaine Dulac. Tralo seu matrimonio comezou a súa carreira xornalística nunha revista feminista e máis tarde interesouse polo cinema. Coa axuda do seu home e dunha amiga fundou unha compañía cinematográfica e dirixiu varios filmes comerciais antes de tornar cara ao impresionismo e ao surrealismo. Os seus traballos máis coñecidos son o filme impresionista La Souriante Madame Beudet (1922/23) e o experimento surrealista La Coquille et le Clergyman (1928). A súa carreira sufriu a chegada do cinema sonoro e pasou a última década da súa vida traballando en noticiarios para Pathé e Gaumont.

Traxectoria

Dulac naceu en Amiens, na familia de clase media alta dun oficial da carreira militar. Como o traballo do seu pai levaba á familia a mudarse frecuentemente a pequenas gornicións militares, Dulac foi enviada a vivir coa súa avoa a París. Alí comezou a interesarse na arte e estudou música, pintura e teatro. Trala morte dos seus pais estableceuse definitivamente en París e combinou os seus nacentes intereses no socialismo e no feminismo coa carreira de xornalismo. En 1905 casou con Louis-Albert Dulac, un enxeñeiro agrícola tamén de clase alta. Catro anos despois comezou a escribir para La Française, unha revista feminista onde tamén comezou a escribir crítica teatral.Williams 1992, 144–47. Ademais atopou tempo para traballar no equipo editorial de La Fronde, un xornal feminista radical do seu tempo. Tamén se interesou na fotografía, precedente da súa entrada no mundo do cinema.

Dulac comezou a interesarse no cinema en 1914 a través da súa amiga a actriz Stacia Napierkowska. As dúas mulleres viaxaron xuntas a Italia pouco antes da segunda guerra mundial. Napierkowska ía actuar nun filme e Dulac aprendeu as ideas básicas do medio durante aquela viaxe. A principios da década de 1900 e ata finais da de 1920, Dulac enfrontou á modernidade da capital francesa coa natureza provincial da Francia rural, dicotomía habitual nos seus filmes.Tami Michelle Williams, páx. 104 Pouco despois da súa volta a Francia decidiu crear unha compañía cinematográfica. Dulac e a escritora Irène Hillel-Erlanger fundou D.H. Films, con apoio financeiro do marido de Dulac, do que se divorciou en 1920.Pallister 1997, 64.. A compañía produciu varios filmes entre 1915 e 1920, todos dirixidos por ela e escritos por Hillel-Erlanger. Entre eles estaban o seu primeiro filme Les soeurs ennemies (1915/16), Vénus Victrix, ou Dans l'ouragan de la vie (1917) e Géo, le mystérieux (La vraie richesse, 1916).Williams 1992, 146.Datas de Pallister 1997, 64.

O maior éxito de Dulac foi Âmes des fous (1918), melodrama escrito por ela mesma e no que aparece a actriz Ève Francis, que presentou a Dulac o seu amigo (logo marido) o cineasta e crítico Louis Delluc. Pouco despois Dulac e Delluc colaboraron en La fête espagnole (1920), protagonizado por Francis e que declarado un dos máis influentes da década. Porén, só se conservan algúns fragmentos. A súa colaboración continuou noutros filmes.

En 1921 Dulac reflexionou sobre o seu encontro con D.W. Griffith nun artigo titulado "Chez D.W. Griffith." No artigo presentaba dous temas populares que aparecen no seu cinema, a autonomía do cinema como forma artística independente libre da influencia da pintura e a literatura e a importancia do cineasta como forza creativa e artística individual.

Continuou a súa carreira producindo tantos filmes comerciais como traballos presurrealistas, como La Souriante Madame Beudet (1922/23) e La Coquille et le Clergyman (1928). Ambos os dous filmes foron estreados antes de Un chien andalou (1929) de Luis Buñuel e Salvador Dalí, e en ocasións La Coquille et le Clergyman aparece recoñecido como o primeiro filme surrealista. A busca do “cinema puro” por parte de Dulac inspirou o movemento cinematográfico francés Cinema pur. Tamén creou varias curtametraxes baseadas en música: Disque(s) 957 (1928/29; baseado en Chopin) e Thème et variations (1928/29).

Coa chegada do cinema sonoro, a carreira de Dulac cambiou. Desde 1930 volveu ao traballo comercial e produciu noticiarios para Pathé e para Gaumont. Despois da súa longa e influente carreira cinematográfica, Dulac converteuse na presidenta da Fédération des ciné-clubs, un grupo que promovía e presentaba o traballo de cineastas novos, como Joris Ivens e Jean Vigo. Tamén deu clases de cinema na École Technique de Photographie et de Cinématographie na rue de Vaugirard. Faleceu en París o 20 de xullo e 1942. Charles Ford chamou a atención da dificultade que tivo a prensa francesa para imprimir o seu obituario: "Molestos polas ideas inconformistas de Dulac, inquietos polas súas orixes impuras, os censores rexeitaron o artigo que, só tras intensas protestas do editor xefe da revista, apareceu tres semanas despois. Incluso morta, Germaine Dulac semellaba aínda perigosa…" Charles Ford 1968

Filmografía Ano Filme Acreditada1915 Les soeurs ennemies Directora1917 Venus Victrix ou Dans l'ouragan de la vieDirectora1917 Géo, le mystérieuxDirectora1918 La jeune fille la plus méritante de FranceDirectora1919 Le bonheur des autresDirectora1919 La cigaretteDirectora1920 MalencontreDirectora1920 La fête espagnoleDirectora1920 La belle dame sans merciDirectora1920 Âmes de fousDirectora1922 WertherDirectora1923 La mort du soleilDirectora1923 La souriante Madame BeudetDirectora, guionista1923 GossetteDirectora1924 Le diable dans la villeDirectora1924 Âme d'artisteDirectora, guionista1926 La folie des vaillantsDirectora1927 Le cinéma au service de l'histoireDirectora1927 Antoinette SabrierDirectora, guionista1927 L'invitation au voyageDirectora, guionista1928 Thèmes et variationsDirectora1928 La germination d'un haricotDirectora1928 Disque 957Directora1928 Danses espagnolesDirectora1928 Celles qui s'en fontDirectora1928 Mon ParisSupervisora1928 La coquille et le clergymanDirectora, guionista, produtora1928 Princesse MandaneDirectora1929 Étude cinégraphique sur une arabesqueDirectora1932 Le picadorSupervisora1934 Je n'ai plus rienDirectora

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Dozoretz, Wendy. 1982. Germaine Dulac : Filmmaker, Polemicist, Theoretician. Diss., New York University, 362 pp. Flitterman-Lewis, Sandy. 1996. To Desire Differently: Feminism and the French Cinema. Columbia University Press. ISBN 978-0-231-10497-5 Ford, Charles. Germaine Dulac : 1882 - 1942, París : Avant-Scène du Cinéma, 1968, 48 p. (Serie: Anthologie du cinéma ; 31) Katz, Ephraim; Fred Klein, Ronald Dean Nolan (2005). The Film Encyclopedia (5th Edition ed.). Nova York: HarperPerennial. ISBN 0-06-074214-3. Ligazóns externas La Coquille et le Clergyman en UbuWeb Germaine Dulac en Virtual History

Categoría:Directores de cinema de Francia Categoría:Nados no departamento de Somme Categoría:Nados en 1882 Categoría:Finados en 1942