Para os protozoos produtores da malaria ver Plasmodium. Non confundir con plasmidio. Un plasmodio é unha masa de protoplasma ameboide sen parede, multinucleada, que contén moitos núcleos diploides e é o resultado de moitas divisións celulares sen citocinese.

O termo xeralmente se refire ao estadio alimenticio dos mofos mucosos (como os mixomicetos). Pero o termo tamén pode utilizarse para referirse aos estadios multinucleados doutros organismos, nos seguintes casos: Plasmodio merogonial e plasmodio esporogonial dos protozoos parasitos intracelulares do antigo subfilo dos Cnidospora (Microsporidios e Mixosporidios). Plasmodios do xénero Plasmodium de protozoos do filo Apicomplexa causantes da malaria. Protoplastos ameboides multinucleados e sen parede celular formados por fusión de células (sincitios) dalgunhas algas como por exemplo as Chlorarachniophyta.Hoek, C. van den, Mann, D.G. and Jahns, H.M. (1995). Algae An Introduction to Phycology. Cambridge University Press, Cambridge. ISBN 0-521-30419-9.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Sincitio

Categoría:Protistas