A Diciopedia do século 21, subtitulada Dicionario enciclopédico da lingua galega e da cultura universal ilustrado, é un dicionario e enciclopedia universal, en tres volumes, editada no ano 2006 conxuntamente por Edicións do Cumio, Editorial Galaxia e Ediciós do Castro.«A "Diciopedia", novo piar para o galego» Galicia Hoxe, 22/12/2006 .

Descrición miniatura|esquerda|Contén tamén imaxes que foron publicadas baixo licenzas libres, como esta do Museo do Prado.Tomo 3. p. 1 686 en Google Books|267x267px Foi presentada en decembro de 2006 en Santiago de Compostela polos directores das tres editoriais: Isaac Díaz Pardo (Ediciós do Castro), Víctor F. Freixanes (Galaxia) e Antón Mascato (Edicións do Cumio).Iglesias, Óscar. «A 'Diciopedia' galega, catro anos de traballo editorial» El País, 22/12/2006.

Froito de catro anos de elaboración e con 2.600 páxinas, ten 4.500 fotografías a cor, 850 planos e mapas (incluíndo cada país do mundo e tódolos concellos de Galicia), 425 debuxos e gráficos, máis de 80.000 entradas de dicionario e máis 45.000 biografías, topónimos e nomes propios.Publicidade da Diciopedia do século 21 en La Voz de Galicia.

A primeira edición, de 4.000 exemplares, incluía o agasallo dunha medalla de Atenea, deusa da sabedoría, deseñada por Díaz Pardo.

Notas

Véxase tamén Bibliografía Diciopedia do século 21. Vistas previas en Google Books: 1 A-D, 2 E-Ñ e 3 O-Z Outros artigos Artigos da Diciopedia do século 21 Galipedia Gran Enciclopedia Galega Enciclopedia Galega Universal

Ligazóns externas Edicións do Cumio Editorial Galaxia

Categoría:Enciclopedias en galego Categoría:Editorial Galaxia Categoría:Obras literarias de 2006 Categoría:Ediciós do Castro