miniatura|Machóns de maior e menor de ladrillo.
Un machón é, en arquitectura, calquera piar de madeira ou fábrica que sostén ou fortalece unha construción Normalmente emprégase o termo na construción de muros ou paredes, para designar piares tanto de ladrillo, como de cantaría de pedra, que se labra a treito nas paredes de cachotaría para as fortificar.
Tipoloxía Distínguense os tipos de machóns a seguir: Machón de maior e menor: chámase así ao machón de ladrillo que hai nas tapias de caixóns ou historias que ten anacos largos e angostos alternativamente. Machón de medianil: chámase así ao encabezado de cantaría de perpiaño que forma a cabeza dunha parede de medianil e liga coas paredes de fachada de dúas casas acaroadas. Machón divisorio: o que forma a testa dunha parede de medianil e recibe os lumiares, linteis etc. de dous paños de casas acaroadas.
Notas
Diccionario de arquitectura civil. Benito Bails. 1802
Categoría:Elementos arquitectónicos