O Gran Premio do Xapón de 2014, foi a décimo quinta carreira da tempada de Fórmula Un de . Celebrouse o 5 de outubro de 2014 no circuíto de Suzuka, en Suzuka, Xapón, foi a 15ª rolda da tempada e o 41º Gran Premio do Xapón.

A carreira terminou prematuramente detrás do coche de seguridade na volta 44. Jules Bianchi tivo un grave accidente e trasladárono a un hospital local próximo.

Antecedentes Efectos do Tifón Phanfone

O Tifón Phanfone, que se clasifica como unha tormenta de categoría catro, está previsto que toque terra na costa oriental do Xapón o domingo do Gran Premio, acompañado de fortes choivas e ventos de ata 240 km/h. Aínda que se espera que o curso prognosticado da tormenta non chegue a Suzuka, espérase que o extremo norte da tormenta empape o circuíto con choiva intensa.

Informe

Clasificación

Carreira As fortes choivas fixeron que a carreira comezara detrás do coche de seguridade, pero a pista estaba demasiado mollada para correr. Case 20 minutos máis tarde, a choiva diminuíra e a carreira reiniciouse, unha vez máis detrás do coche de seguridade. Fernando Alonso retirouse da carreira cando o seu auto apagouse logo da reanudación.

O coche de seguridade retirouse na volta 9. Todos os pilotos cambiaron a pneumáticos intermedios nas voltas seguintes. Jenson Button beneficiouse enormemente das paradas en boxes, subindo á terceira posición. Lewis Hamilton, logo de comezar a carreira por detrás do seu compañeiro de equipo Nico Rosberg, logrou alcanzalo no liderado da carreira na primeira curva da volta 29, con Rosberg loitando co desgaste dos pneumáticos.

Red Bull elixira unha posta a punto máis adecuado para condicións de mollado nesta carreira, sacrificando o rendemento na clasificación. Esta aposta funcionou na carreira, con Sebastian Vettel terminando terceiro e Daniel Ricciardo cuarto, desde a novena e sexta posición, respectivamente.

A carreira terminou prematuramente detrás do coche de seguridade, os resultados finais da carreira foron os da volta 44. Jules Bianchi trompeou e o seu Marussia chocou cun guindastre que estaba quitando o Sauber de Adrian Sutil, que se estrelara na volta anterior. Saíu o coche de seguridade e a carreira foi posteriormente cancelada con bandeira vermella. Bianchi quedou inconsciente despois do accidente. Foi trasladado en ambulancia ó hospital da Universidade de Mie.https://uk.eurosport.yahoo.com/news/formula-1-hamilton-wins-japan-red-flag-crash-070651394--f1.htmlJules Bianchi taken to hospital unconscious following crash . Smith, Luke. NBC Sports Network, 5 de outubro de 2014 Segundo o seu pai, Bianchi está nunha operación para reducir as graves contusións na cabeza. Posteriormente a FIA emitiu un comunicado dicindo que Bianchi sufriu un "traumatismo craneoencefálico grave" no accidente, e permanecía en coidados intensivos logo da cirurxía.F1 driver Jules Bianchi injured after crash in Japan – latest updates, The Guardian, 5 de outubro de 2014

Cualificación Pos. Nº Piloto Construtor Q1 Q2 Q3 Grella 1 6 Nico Rosberg Mercedes 1:33.671 1:32.950 1:32.506 1 2 44 Lewis Hamilton Mercedes 1:33.611 1:32.982 1:32.703 2 3 77 Valtteri Bottas Williams 1:34.301 1:33.443 1:33.128 3 4 19 Felipe Massa Williams 1:34.483 1:33.551 1:33.527 4 5 14 Fernando Alonso Ferrari 1:34.497 1:33.675 1:33.740 5 6 3 Daniel Ricciardo Red Bull-Renault 1:35.593 1:34.466 1:34.075 6 7 20 Kevin Magnussen McLaren-Mercedes 1:34.930 1:34.229 1:34.242 7 8 22 Jenson Button McLaren-Mercedes 1:35.150 1:34.648 1:34.317 8 9 1 Sebastian Vettel Red Bull-Renault 1:35.517 1:34.784 1:34.432 9 10 7 Kimi Raikkonen Ferrari 1:34.984 1:34.771 1:34.548 10 11 25 Jean-Eric Vergne Toro Rosso-Renault 1:35.155 1:34.984 21Jean-Eric Vergne recibiu unha penalización de dez posicións por exceder os cinco motores para a tempada 12 11 Sergio Pérez Force India-Mercedes 1:35.439 1:35.089 11 13 26 Daniil Kvyat Toro Rosso-Renault 1:35.210 1:35.092 12 14 27 Nico Hülkenberg Force India-Mercedes 1:35.000 1:35.099 13 15 99 Adrian Sutil Sauber-Ferrari 1:35.736 1:35.364 14 16 21 Esteban Gutiérrez Sauber-Ferrari 1:35.308 1:35.681 15 17 13 Pastor Maldonado Lotus-Renault 1:35.917 22Pastor Maldonado recibiu unha penalización de dez posicións por exceder os cinco motores para a tempada 18 8 Romain Grosjean Lotus-Renault 1:35.984 16 19 9 Marcus Ericsson Caterham-Renault 1:36.813 17 20 17 Jules Bianchi Marussia-Ferrari 1:36.943 18 21 10 Kamui Kobayashi Caterham-Renault 1:37.015 19 22 4 Max Chilton Marussia-Ferrari 1:37.481 20 107% tempo: 1:40.163 Fonte:

Carreira

Pos. Nº Piloto Construtor voltas Tempo/Retirada Grella Puntos 1 44 Lewis Hamilton Mercedes 44 1:51:43.021 2 25 2 6 Nico Rosberg Mercedes 44 +9.1 1 18 3 1 Sebastian Vettel Red Bull-Renault 44 +29.1 9 15 4 3 Daniel Ricciardo Red Bull-Renault 44 +38.8 6 12 5 22 Jenson Button McLaren-Mercedes 44 +1:07.5 8 10 6 77 Valtteri Bottas Williams-Mercedes 44 +1:53.7 3 8 7 19 Felipe Massa Williams-Mercedes 44 +1:55.1 4 6 8 27 Nico Hülkenberg Force India-Mercedes 44 +1:55.9 13 4 9 25 Jean-Eric Vergne Toro Rosso-Renault 44 +2:07.6 20 2 10 11 Sergio Pérez Force India-Mercedes 43 +1 volta 11 1 11 26 Daniil Kvyat Toro Rosso-Renault 43 +1 volta 12 12 7 Kimi Räikkönen Ferrari 43 +1 volta 10 13 21 Esteban Gutiérrez Sauber-Ferrari 43 +1 volta 15 14 20 Kevin Magnussen McLaren-Mercedes 43 +1 volta 7 15 8 Romain Grosjean Lotus-Renault 43 +1 volta 16 16 13 Pastor Maldonado Lotus-Renault 43 +1 volta 22 17 9 Marcus Ericsson Caterham-Renault 43 +1 volta 17 18 4 Max Chilton Marussia-Ferrari 43 +1 volta 21 19 10 Kamui Kobayashi Caterham-Renault 43 +1 volta 19 20 17 Jules Bianchi Marussia-Ferrari 41 Accidente 18 21 99 Adrian Sutil Sauber-Ferrari 40 Accidente 14 Ret 14 Fernando Alonso Ferrari 2 Electrónica 5 Fonte:

Posicións logo da carreira

Clasificación no campionato de pilotos Pos. Piloto Puntos 10px 1 Lewis Hamilton 266 10px 2 Nico Rosberg 256 10px 3 Daniel Ricciardo 195 10px 1 4 Sebastian Vettel 139 10px 1 5 Fernando Alonso 133

Clasificación do campionato de construtores Pos. Construtor Puntos 10px 1 Mercedes 522 10px 2 Red Bull-Renault 332 10px 3 Williams-Mercedes 201 10px 4 Ferrari 178 10px 5 Force India-Mercedes 122

Nota: Só están incluídos os cinco primeiros postos da clasificación.

Notas

Categoría:Grandes Premios de Fórmula 1 de 2014 Categoría:Gran Premio do Xapón de Fórmula 1