Santo Isidro de Posmarcos é unha parroquia que se localiza no norte do concello da Pobra do Caramiñal. Segundo o padrón municipal de 2012 tiña 2.040 habitantes (1.051 mulleres e 989 homes) distribuídos en 36 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación co ano 1999 cando tiña 2.343 habitantes.
Posmarcos na literatura popular Na Arousa non hai mozas,/ en Boiro todas son vellas;/ vivan as de Santo Isidro/ que n’hai mozas como elas Fermín Bouza Brey: "Cantigas populares da Arousa", en Arquivos do Seminario de Estudos Galegos III, 1929, 153-204 [en facsímile II], 170. No texto: n-hai. Santo Isidro de Posmarcos é unha parroquia da Pobra de Caramiñal.. Viva Boiro, viva Boiro,/ viva Boiro, viva ben./ Viva Boiro, viva Boiro/ e Santo Isidro tamén Fermín Bouza-Brey: “Cantigas populares da Arousa”, en Arquivos do Seminario de Estudos Galegos III, 1929, 153-204 [en facsímile II], 201)..
Lugares e parroquias Lugares de Posmarcos
Parroquias da Pobra do Caramiñal
Notas
Véxase tamén Outros artigos Lugares da Pobra do Caramiñal
Categoría:Parroquias da Pobra do Caramiñal Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de santo Isidoro