Teemu Jyrki Juhani Sippo, nado o 20 de maio de 1947 en Lahti (Finlandia), é un bispo católico latino de Finlandia, bispo de Helsinqui entre 2009 e 2019.

Traxectoria Monseñor Sippo naceu en 1947 nunha familia luterana, na vila finlandesa de Lahti. En 1966 converteuse ao catolicismo, e o 11 de outubro de 1970 profesou os votos solemnes na congregación dos Sacerdotes do Sagrado Corazón de Xesús. O 28 de maio de 1977 foi ordenado sacerdote.

O 16 de xuño de 2009 o papa Bieito XVI nomeouno bispo de Helsinqui, recibindo a consagración episcopal o 5 de setembro de 2009 do cardeal Karl Lehmann. É o primeiro bispo católico finlandés dende a morte de Arvid Kurck (1522), antes da reforma protestante.

O 19 de marzo de 2016 fundou a parroquia de San Xosé de Kuopio, nun templo anteriormente propiedade da Igrexa luterana evanxélica de Finlandia; Kuopio é a sé do arcebispo de Carelia, e as relacións entre as comunidades católica e ortodoxa son boas: os católicos celebraban misa unha vez ao mes nun espazo cedido polo arcebispo Leo Makkonen.

O 20 de maio de 2019 o papa Francisco aceptou a súa renuncia á sé.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Igrexa católica en Finlandia

Categoría:Nados en 1947 Categoría:Nados en Lahti Categoría:Bispos católicos de Finlandia Categoría:Bispos católicos do século XXI Categoría:Bispos da Igrexa católica latina Categoría:Alumnos da Universidade Albert Ludwig de Friburgo Categoría:Dehonianos Categoría:Relixiosos católicos de Finlandia