Beatriz García Turnes, nada en Santiago de Compostela en 1973, é unha filóloga e escritora galega.
Traxectoria Licenciouse con premio extraordinario en filoloxía galego-portuguesa e posteriormente en filoloxía hispánica na Universidade de Santiago de Compostela, onde se doutorou en 2008 coa tese Ideas sobre o galego e as orixes do portugués na lingüística lusa do século XIX. Xénese e impacto en Galicia da hipótese celtista. Publicou artigos sobre sociolingüística histórica en revistas como Grial, Verba ou a Revista da UNED. Especialista en planificación e dinamización da lingua galega e catedrática de ensino medio, é profesora-investigadora no Centro Ramón Piñeiro, onde codirixe o proxecto Legado de Jürgen Untermann. Tesouro paleogalaico (TPGal).
Como narradora acadou dúas veces o premio Minerva, convocado polo Colexio Manuel Peleteiro, e foi premio Lecturas, promovido pola Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil, coa súa novela Valdamor (2001).Ficha do libro na Editorial Galaxia Tamén gañou o Repsol de relato curto e o Camilo José Cela.
En 2018 publicou a súa segunda novela, O ouro das lúas,Ficha do libro na Editorial Galaxia e en 2021 a terceira, Esta noite hei de ir a verte, todas na colección de literatura xuvenil Costa Oeste da Editorial Galaxia. En 2024 deu ao prelo na colección Literaria Ronsel da mesma editora Comando Sintrom, o seu primeiro libro de contos, así como a novela A maldición do papiro alexandrino na colección Fóra de Xogo de Edicións Xerais, que foi merecedora do Premio Frei Martín Sarmiento en 2026.
Obra
Ensaio Diccionario Gallego-Castellano, Castellano-Gallego (2001). Con María Álvarez de la Granja e Carmen González Bueno. Vigo: Ed. Galaxia. 1000 páxs. ISBN 978-84-8288-464-6. A lingua galega entre 1875 e 1916: situación social e consciencia idiomática (2004). Deputación de Pontevedra. Ideas sobre o galego e as orixes do portugués na lingüística lusa do século XIX. Xénese e impacto en Galicia da hipótese celtista (2008). Tese de doutoramento.Tese de doutoramento . Vida e obra de Ramón Piñeiro (2009). Vigo: Ed. Galaxia. 168 páxs. ISBN 978-84-9865-150-8. Antero de Quental e Teófilo Braga e a súa relación coas letras galegas (2016). Con Xesús Alonso Montero. Parlamento de Galicia, Xunta de Galicia e Real Academia Galega. Documentación epigráfica do teónimo Deus Lar Berobreus. Edición e comentario lingüístico (2024). Con Carlos Búa Carballo (ed.). Xunta de Galicia.
Narrativa
Valdamor (2001). Vigo: Ed. Galaxia, Costa Oeste. 112 páxs. ISBN 978-84-8288-443-1. O ouro das lúas (2018)Vigo: Ed. Galaxia. 103 páxs. ISBN 978-84-9151-186-1. Esta noite hei de ir a verte (2021). Ed. Galaxia, Costa Oeste. 200 páxs. ISBN 978-84-9151-645-3. Comando Sintrom (2024). Vigo: Ed. Galaxia. ISBN 978-84-1176-191-8. A maldición do papiro alexandrino (2024). Vigo: Xerais, Fóra de xogo. 136 páxs. ISBN 978-84-1110-570-5. Dixital: ISBN 978-84-1110-594-1.
Libros colectivos
O libro dos Reis Magos (2012). Vigo: Galaxia.
Notas
Categoría:Nados en 1973 Categoría:Nados en Santiago de Compostela Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Escritores de Galicia Categoría:Escritores en lingua galega Categoría:Profesores de educación secundaria