miniatura|Graffiti en Porto. David Pintor Noguerol, nado na Coruña o 11 de maio de 1975, é un ilustrador, humorista gráfico, caricaturista e pintor galego.
Traxectoria Ilustrador, humorista gráfico, caricaturista, pintor, artista polifacético e multipremiado galego. Colabora para editoriais e clientes de todo o mundo.
En 1992, comeza a traballar co guionista Carlos López baixo o pseudónimo de Pinto & Chinto, converténdose en poucos anos nunha referencia do humor político en prensa. As súas tiras cómicas saen en diversos medios de comunicación, como Diario 16, La Voz de Baleares, Diario de León e La Voz de Galicia.
A partir do ano 2000 empeza a internarse no campo da ilustración infantil, onde recolle numerosos premios. Porén, non para aí a súa carreira senón que co tempo, empeza a colaborar en múltiples ámbitos relacionados co deseño, a moda ou a publicidade, buscando sempre as múltiples posibilidades que ofrece a profesión de ilustrador.
A partir de 2019 comeza a súa traxectoria como autor de literatura infantil e, no 2021,a revista Babar, especializada en literatura infantil, seleccionou a súa obra El árbol secreto como un dos mellores libros do ano, que tamén se publicou en Portugal.
En 2022, a película Valentina, na que participa como deseñador de personaxes, gañou o premio Goya á mellor longametraxe animada.
Obra publicada Sobran as palabras, 1999, Xunta de Galicia. Aquilino pinta una nube y un camaleón, 2001, Combel. Qué sabemos do Día das Letras Galegas?, 2001. Xunta de Galicia. Suca, 2001. Everest. O libro dos xogos populares galegos, 2003, La Voz de Galicia. Dez por dous, 2004, Biblos. Hércules e Crunia, 2005, Kalandraka. Historia de Román o bombeiro, 2005, Everest. O pequeno da familia fantasma, 2005, Sotelo Blanco. Tito Longueirón, 2005, BD Banda. Cuentos en familia, 2006, Anaya. Minimaladas, 2007, Xerais, (Premio Merlín). A miña avoa ten trece anos, 2007, Edelvives. La puerta trasera del paraíso, 2007, Alfaguara. Unha bruxa ben rara, 2007, SM. Circo Rigatoni, 2008, Everest. La extraña historia de la cama mágica, 2008, SM. Lendas da noite de San Xoán, 2008, Everest. Mis primeras 80.000 palabras, 2008, Media Vaca. La nonna in cielo, 2008, Lapis (Corea). Novas minimaladas, 2008, Xerais. El Pinsapo de la plaza, 2008, Edelvives. Ciudades de papel, 2009, El Patito Editorial. Encontros ás agachadas, 2009, Deputación de Ourense. Jack and beanstalk, 2009, Froebel (Corea). Os oficios de Chuquelo, 2009. Galaxia. A peripecia de Roi, 2009, Edelvives. Quen casa ten de seu, 2009, Fundación Rosalía de Castro. O serrote do Gil, 2009, Galaxia. Compostela, 2010, Kalandraka. Contos para nenos que dormen deseguida, 2010, Kalandraka. Los oficios de Rus, 2010, Anaya. El principito, 2010, Agaworld (Corea). El Cascanueces, 2011, Pablo Zaera; The Nutcracker, 2011, Agaworld. Gulliver travels, 2011, Agaworld. A maceira que daba calquera cousa menos mazás, 2011, Everest. Minimalario, 2011, Kalandraka. The months of the year, 2011, Agaworld. Almanaque musical, 2012, Kalandraka. Auténticas entrevistas falsas, 2012, Leer. Il bosco della Baba Yaga, 2012, F. Cosino. Camino de Santiago, 2012, Treseditores. Dun tempo e dunha terra, 2012, Edelvives. Los estrambóticos viajes de Gulliver, 2012, Bululú. O grande Chefe, 2012, Tcharan. Os xogos olímpicos de Ningures, 2012, Galaxia. Desde una estrella distante, 2013, Anaya. L´eco, 2013, Lapis (Italia). El estrambótico Principito, 2013, Bululú. Lisboa, 2013, Kalandraka. Nicomedes, o pelado, 2013, Kalandraka. Brinca vai!, 2014, Kalandraka. A menina alta, 2014, Mercuryojovem (o Brasil). White world, 2014, Froebel (Corea). That day, when..., 2014, Editions Kotot (Francia). La piccola grande guerra, 2015, Lapis edizioni (Italia). A avoa do ceo, 2015, El patito editorial. Barcelona, 2015, Kalandraka. Il fantastico mondo di Alice, 2015, Lapis edizioni (Italia). La estrambótica Isla del Tesoro, 2015, Editorial Bululú (España). Le avventure di Don Chisciotte, 2016, Lapis edizioni (Italia). Cámbiache o conto!, 2016, Edicións Xerais (España). Los gansos, 2016, La guarida. (España). El fuego de Prometeo, 2017, Edelvives. (España). Venezia, 2017, Kalandraka. (España). Radio Bulebule, 2017, Kalandraka. (España). Las estrambóticas aventuras del barón de Münchhausen, 2017, Bululú. (España). I tre moschettieri, 2017, Lapis edizioni. (Italia). L´ibis di Palmira e il merlo ribelle , 2018, Notes edizioni. (Italia). Canto di Natale e altri racconti, 2018, Lapis edizioni. (Italia). Ipse Dixit, 2019, Einaudi Ragazzi. (Italia). El primer diccionario de Nara, 2019, Degomagom. (España). I vestiti nuovi dell´Imperatore, 2019, Lapis. (Italia). O alfabeto nojento, 2019, Caminho. (Portugal). Triscuspascos, 2020, Anaya. (España). Parole bambine, 2020, Lapis. (Italia). La gatta cenerentola e altre storie, 2020, Mondadori. (Italia). Siete llaves para abrir los sueños, 2020, Kalandraka. (España). Merlino,Artù e i cavalieri della tavola rotonda, 2021, Lapis. (Italia). La gran aventura de Nara, 2021, Degomagom. (España) A viúva e o papagaio, 2021, Fábula editora. (Portugal) Eu tenho soluços!, 2021, Tcharan. (Portugal) A Coruña, 2021, Kalandraka (España) La grande avventura di Nara, 2022, Mondadori (Italia) La estrambótica vuelta al mundo en 80 días, 2022, Bululú (España) O mistério da meia malcheirosa, 2022, Edições Almedina (Portugal) Com pensos tudo passa, 2022, Edições Almedina (Portugal) Os números nojentos, 2022, Caminho editora (Portugal) (Non) a todas as nenas lles gusta o rosa (2022). Vigo: Xerais. 32 páxs. ISBN 978-84-1110-173-8. 27 casas, 2022, La Guarida (España) No a todas las niñas les gusta el rosa, 2022, Anaya (España) C’est la catastrophe!, 2023, Degomagom (España) Ringo, 2023, Xerais (España) Olho de lince, 2023, Porto Editora (Portugal) Os fabricantes de sombreiros, 2024, Baía (España) Cappuccetto grosso, 2024, Edizioni Città Nuova (Italia) Caricaturas y frases inolvidables, 2025, Degomagom (ESpaña) O meu pai não sabe desenhar, 2025, Porto Editora (Portugal) Joe Rudo, 2025, Iglú (España) Voando sobre o ninho da família Pardal, 2025, Porto Editora (Portugal) Segredo de família, 2025, Porto Editora (Portugal) Andrade e a pega, 2025, Habitamos (España) Sax el fantasma, 2026, Loqueleo (España) Aí falaches!, 2026, El patito editorial (España)
Premios e galardóns
Premiado pola Society of News Design (SND) polos seus traballos en La Voz de Galicia. Premio Curuxa do Humor no 2007, outorgado polo Museo do Humor de Fene. Premio literario Frei Martín Sarmiento no 2007, por O pequeno da familia fantasma. Nomeado aos premios da Asociación de Editores Galegos ao mellor libro infantil e ao mellor libro ilustrado de 2007 por Minimaladas. Mellor ilustrador de 2007 pola web Fervenzas Literarias. Mellor portada de libro infantil de 2007 por Minimaladas, pola web Fervenzas Literarias. Premio Haxtur ao humor no 2008, outorgado polo Festival de cómic de Xixón. Premiado no VIII Concurso de humor gráfico de Barakaldo en 2008. Premiado no Salón da Caricatura de Vila Real. Finalista no Certame Internacional de Humor Gráfico Portocartoon no 2009. Premio Follas Novas do Libro Galego 2022 ao mellor libro ilustrado por "A Coruña". Mellor ilustrador de 2009 pola web Fervenzas Literarias. Premio Pura e Dora Vázquez de Ilustración no 2009, por Encontros ás agachadas. Premio especial do xurado no IX Certame de pintura Pintor Argüelles. Premiado co Grand Prix International na Bienal de Cadernos de viaxe Clermont Ferrand 2009, por Ciudades de papel. Nomeado aos premios da Asociación de Editores Galegos ao mellor libro ilustrado de 2009 por A peripecia de Roi. Mellor ilustrador do ano e mellor portada de libro infantil de 2010 por Contos para nenos que dormen deseguida, pola web Fervenzas Literarias. Nomeado aos premios da Asociación de Editores Galegos ao mellor libro infantil e ao mellor libro ilustrado de 2010 por Contos para nenos que dormen deseguida. 1º Premio Concurso do cartel oficial da Bienal de Cadernos de viaxe Clermont-Ferrand 2011. Finalista nos CJ Picture book awards de 2011, por Compostela. Premio "L´illustratore dell´anno 2011" convocado por Città del sole. Nomeado para o Premio Nacional de Ilustración en 2011. 2º Premio Ilustración da Feira do libro infantil de Sharjah (Dubai). Premio da revista Andersen ao mellor libro infantil de 2012 entre 6 e 9 anos por Il Bosco della Baba Yaga. Primeiro premio de relato ilustrado Opticks magazine 2012. Premio Mingote 2013. Premio Elgar á mellor viñeta de humor gráfico 2025. 2º Premio no certame de humor gráfico World Press Cartoon 2025. Premio especial no Festival Nami Island International Illustration Concours de 2013. Premiado por Communication Arts no apartado de ilustración no 2014. Premio Fervenzas Literarias ao mellor ilustrador de 2014. Seleccionado en 2007, 2010, 2011 e 2013 para a mostra de ilustradores da Feira de Boloña. Seleccionado na Mostra Internacional de Ilustradores Infantís Sueños en Papel en México no 2008. Seleccionado en 2009, 2011, 2013, 2015, 2019 e 2021 para a Bienal de Ilustración de Bratislava. Seleccionado na lista White Ravens no 2009, por La nonna in cielo. Seleccionado no Salão de Humor de Piracicaba en 2010 e 2011. Seleccionado na lista White Ravens no 2011, por Contos para nenos que dormen de seguida. Seleccionado para o catálogo American Illustration 33. Seleccionado para o catálogo Latin American illustration 3. Seleccionado para o 3x3 picture book annual número 10. Seleccionado por Lurzer´s Archive para participar no libro 200 Best Illustrators 2011-2012. Seleccionado polo libro Almanaque musical como un dos libros destacados de 2012 pola Fundación Germán Sánchez Ruipérez. Seleccionado na publicación 32 Creative Quarterly na categoría de ilustración profesional. Seleccionado polo libro Almanaque musical como un dos libros altamente recomendados de 2013 pola Fundación Fundalectura (IBBY Colombia). Seleccionado por Lurzer´s Archive para participar no libro 200 Best Illustrators 2013-2014. Medalla de prata no IWSC (International Wine & Spirit Competition) no apartado de packaging
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina web do autor Perfil do autor na Asociación Galega de Profesionais da Ilustración (AGPI).
Categoría:Personalidades da banda deseñada de Galicia Categoría:Nados na Coruña Categoría:Nados en 1975 Categoría:Caricaturistas de Galicia Categoría:Debuxantes de Galicia Categoría:Pintores de Galicia Categoría:Ilustradores de Galicia