Jacques Tourneur, nado en París o 12 de novembro de 1904 e finado en Bergerac (Dordoña) o 19 de decembro de 1977 foi un director de cinema franco-estadounidense, coñecido polos seus filmes de terror para a RKO Studios.

Traxectoria Nado en París, era fillo do director Maurice Tourneur,Earnshaw 2004, p. 102 co que se mudou aos Estados Unidos con dez anos. Iniciouse no cinema mentres estudaba no instituto como extra e como anotador en varios filmes mudo. Pai e fillo volveron a Francia tralo seu traballo en The Mysterious Island.

Tourneur comezou a traballar como montador e axudante de director e debutou como director na curtametraxe francesa Tout ca ne vaut pas l'amour en 1931. En 1934 volveu a Hollywood, onde conseguira un contrato con MGM Studios. Mentres traballaba como director da segunda unidade no filme A Tale of Two Cities coñeceu o produtor Val Lewton.

A súa primeira longametraxe como director foi They All Come Out en 1939. Dous anos despois foi despedido da MGM e acollido por Lewton para rodar varios aclamados filmes de terror de baixo orzamento para RKO Studios, como A muller pantera e Eu andei cun zombi. A pesar de que A muller pantera fose considerado un filme de serie B o seu estilo de iluminación e fotografía foi imitado innumerables veces. Tourneur foi entón ascendido á primeira categoría de directores da RKO, dirixindo filmes como Retorno ao pasado e Berlín Express. Na década de 1950 converteuse en director independente e realizou filmes de distintos xéneros como O falcón e a frecha, Stars in My Crown e Night of the Demon. Os seus últimos filmes, A comedia dos terrores (1963) e War-Gods of the Deep (1965) foron protagonizados por Vincent Price.

Nos últimos anos da súa carreira dirixiu episodios de series de televisión, ata que se retirou en 1966 e volveu a Francia.

Filmografía Director Curtametraxes

1931 – Tout ça ne vaut pas l'amour 1936 – The Jonker Diamond 1936 – Harnessed Rhythm 1936 – Master Will Shakespeare 1936 – Killer Dog 1937 – The Grand Bounce 1937 – The Boss Didn't Say Good Morning 1937 – The King Without a Crown 1937 – The Rainbow Pass 1937 – Romance of Radium 1937 – The Man in the Barn 1937 – What Do You Think? 1938 – What Do You Think? (Number Three) 1938 – The Ship That Died 1938 – The Face Behind the Mask 1938 – What Do You Think?: Tupapaoo 1938 – Strange Glory 1938 – Think It Over 1939 – Yankee Doodle Goes to Town 1942 – The Incredible Stranger 1942 – The Magic Alphabet 1944 – Reward Unlimited

Longametraxes

1933 – Toto 1933 – Pour être aimé 1934 – Les Filles de la concierge 1938 – They All Come Out 1939 – Nick Carter, Master Detective 1940 – Phantom Raiders 1941 – Doctors Don't Tell 1942 – A muller pantera 1943 – Eu andei cun zombi 1943 – O home leopardo 1944 – Días de gloria 1944 – Noite na alma 1946 – O paso do canón 1947 – Retorno ao pasado 1948 – Berlín Express 1949 – Vida fácil 1950 – Stars in My Crown 1950 – O falcón e a frecha 1951 – Circle of Danger 1951 – A muller pirata 1952 – Martin, o gaucho 1953 – Appointment in Honduras 1955 – Stranger on Horseback 1955 – Wichita 1956 – Unha pistola ó amencer 1957 – Nightfall 1957 – A maldición do demo 1958 – The Fearmakers 1959 – Timbuktu 1959 – Frontier Rangers 1959 – Giant of Marathon 1964 – A comedia dos terrores 1965 – War-Gods of the Deep

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Young, Gwenda (2001) 'Shadows: Jacques Tourneur's Cinema of Ambiguity'. Film Ireland, 83 (*):47–51. Young, Gwenda (1999) 'Jacques Tourneur's World War II Films: From Unity to Chaos'. Popular Culture Review, 10 (2):55–65. Young, Gwenda (1998) 'The Cinema of Difference: Jacques Tourneur, Race and I Walked with a Zombie (1943)'. ''Irish Journal of American Studies, 7:101–121. Ligazóns externas

Categoría:Directores de cinema de Francia Categoría:Directores de cinema dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en París Categoría:Nados en 1904 Categoría:Finados en 1977