Ventura González Prieto, nado en 1925 en Valderrey (León) e finado en Vigo o 14 de xaneiro de 2019<ref>Falece o fundador de Eroski, que comezou traballando en Vigo con 14 anos nunha tenda de ultramarinos, Xornaldevigo.gal, 14 de xaneiro de 2019.</ref>, foi un empresario castelán establecido en Galicia.

Traxectoria Trasladouse a Vigo en 1939, con catorce anos de idade, onde comezou a traballar nunha tenda de ultramarinos. En 1944 abriu un posto de salchichas de catro metros cadrados no mercado do Calvario.

En 1968 comezou a construción do seu primeiro almacén no Troncal (en Teis). En 1977 fundou o grupo de alimentación Vegonsa (de VEntura GONzález), que operou con distintas marcas en Galicia e fóra: Spar, Cash & Carry como distribuidoras e os supermercados propios Vego Supermercados e Familia. En 1998 fusionouse ao 50% coa empresa vasca Eroski, o que deu lugar a Vegalsa-Eroski, que en 2014 tiña máis de 260 establecementos en Galicia, 5 000 empregados, e máis de 900 millóns de euros anuais de facturación.

Tamén diversificou a actividade cara ao sector inmobiliario e mais ao das perfumerías, coa fundación ou investimento en Sinvesa, Localsa, Hogarlin ou Valderrey Promociones.

Recoñecementos En agosto de 2010 foi nomeado fillo predilecto de Valderrey e en decembro dese mesmo ano o Goberno de España outorgoulle a Medalla ao Mérito no Traballo."El Gobierno concede la Medalla del Trabajo a Ventura González" El Diario de León, 4/12/2014.

En febreiro de 2013, o presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, acompañado por José Manuel Fernández Alvariño, entregoulle a Medalla de Ouro da Confederación de Empresarios de Pontevedra.

O concello de Vigo adicoulle en 2014, en vida, o nome dunha rúa."Vigo dará el nombre de una calle a Ventura González..." La Voz de Galicia, 5/1/20014."Homenajean a Ventura González Prieto, fundador de Vegalsa-Eroski" Faro de Vigo, 5/7/2014.

Notas

Véxase tamén Bibliografía Vegalsa-Eroski: homenaje a un emprendedor, Ventura González Prieto y la distribución alimentaria en Galicia, 1945-2007'', 2008. Ligazóns externas Historia de Vegalsa

Categoría:Nados en 1925 Categoría:Empresarios de Galicia Categoría:Nados na provincia de León Categoría:Finados en 2019