El Defensor Gallego foi un periódico editado en Ourense en 1918.
Historia e características Subtitulado Diario de la mañana, apareceu o 14 de febreiro de 1918. Declarouse liberal e foi defensor da candidatura de Fernando Melgarejo para deputado a Cortes polo distrito do Carballiño.El Correo de Galicia, 15-2-1918, p. 3. Ademais da información de carácter xeral incluía un servizo telegráfico e novas do estranxeiro. Entre os seus colaboradores figurou Vicente Risco. Cesou a súa publicación en agosto de 1918.Gaceta de Galicia, 20-8-1918, p. 1.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Outros artigos Lista de publicacións impresas da provincia de Ourense
Categoría:Prensa escrita de Ourense
Categoría:1918 en Galicia