dereita|miniatura|Plataformas e vías do antigo edificio de 1987 da Estación de Vigo-Urzáiz Unha plataforma(3ª acepción do termo) é, xeralmente, unha superficie elevada de cemento, formigón ou, nalgúns casos de madeira, que nas estacións do camiño de ferro (ou semellantes: metro, tranvía) se sitúa ao longo da vía para que poidan andar os pasaxeiros e permitir o fácil acceso aos trens. As plataformas separan as vías férreas.
Accesibilidade Unha consideración importante, especialmente para asegurar a accesibilidade para persoas con mobilidade reducida, é a diferenza en altura ou distancia entre a plataforma e o chan do coche do tren, tamén coñecido coma o "gap" (burato en inglés). Por exemplo, en España, no caso dos trens de proximidade (coñecidos en castelán coma Cercanías) das series 446 e 447, a diferenza de altura entre a plataforma e o chan dos trens pode estar entre 390 a 600 mm.Plan de Accesibilidad Universal de Renfe Consultado o 28 de abril de 2011
Seguranza Moitas estacións de metro teñen xa instaladas portas de plataforma, ou anteparos de seguranza,Metro de Sevilla Consultado o 28 de abril de 2011 nas súas plataformas, e que están síncronizadas coas portas do tren para evitaren así a caída de persoas entre a plataforma e o coche do tren, entre outros factores.
Notas
Categoría:Estacións de tren Categoría:Ferrocarril