miniatura|250px|Addax nasomaculatus. miniatura|250px|Oryx beisa. miniatura|250px|Oryx gazella. A dos hipotraguinos (Hippotraginae) é unha subfamilia de mamíferos artiodáctilos ruminantes da familia dos bóvidos, que comprende 3 xéneros con 10 especies (unha delas recentemente extinguida) de grandes antílopes,Wilson & Reeder (2005): Mammal species of the world. propios da rexión etiópica (África subsahariana e sur da península Arábiga).

O nome do xénero tipo, Hippotragus, que significa "cabalo-macho cabrío",O termo do latín científico Hippotrtagus deriva do elemento grego ἱππο- Hippo-, de ἵππος hippos, "cabalo", e o substantivo grego τράγος trágos, "bode", "cabrón". alude á aparencia destes antílopes, grandes como cabalos e coa cabeza que recorda á dunha cabra.

De gran tamaño e grandes cornos (presentes en ambos os sexos), con pesos de entre os 100 e os 250 kg, viven en hábitats áridos que van desde a estepa arbustiva ao desierto.

Son extraordinariamente fortes e resistentes, e presentan capas de cores moi diferenciadas.

Características Os principais caracteres distintivos dos hipotraguinos son:Dorst, J. et al. (1973), p. 202.Haltenorth, T. et al. (1986), pp. 66-67. Son grandes antílopes con cornos ben desenvolvidos (de até 1 m de lonxitude), prsentes en ambos os sexos, case rectos ou curvados cara a atrás (agás no addax, que os ten retortos en espireal). Belfos vilosos. Excepto o addax, prsentan no dorso do pescozo unha crina de pelos duros e rectos (hipotragos), ou proxectados cara a adiante, en dirección á cabeza (órices). Cola longa, acabada nunha borla.

Clasificación A subfamilia foi creada en 1876 polo naturalista e cazador británico Victor Brooke (1843-1893). Comprende 3 xéneros con 9 especies actualmente viventes,Hippotraginae en ADW. todas elas reunidas na única tribo dos Hippotragini.

Subfamilia Hippotraginae Tribo Hippotragini Xénero Addax (o addax) Addax nasomaculatus Xénero Hippotragus (hipotragos) Hippotragus equinus - antílope equino Hippotragus leucophaeus (extinta) Hippotragus niger - antílope negro Xénero Oryx (órix)A clasificación do xénero Oryx é discutida. Para algúns autors comprendería unha única especie, O. gazella (Haltenorth), para outros serias tres , O. gazella, O. beisa e O. dsammah (Dorst e Dandelot), e para a mairoía as catro aquí indicadas. Oryx beisa - órix beisa Oryx dammah - órix branco, ou de cornos de cimitarra Oryx gazella - órix do Cabo Oryx leucoryx - órix de Arabia

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Dorst, J. & Dandelot, P. (1973): Guía de campo de los mamíferos salvajes de África. Barcelona: Ediciones Omega, S. A. Haltenorth, T. & Diller, H. (1986): A Field Guide of the Mammals of Africa including Madagascar. Londres: William Collins Sons & Co Ltd. ISBN 0-00-219778-2. Kowalski, Kazimierz (1981): Mamíferos. Manual de teriología. Madrid: H. Blume Ediciones. ISBN 84-7214-229-9. Wilson, D. E. & D. M. Reeder, editors (2005): Mammal species of the world: a taxonomic and geographic reference. Third edition. The Johns Hopkins University Press. Baltimore, Maryland, USA. ISBN 0-8018-8221-4.

Outros artigos Bóvidos Antílope

Ligazóns externas Hippotraginae en Tree of Life. Hippotraginae en ADW. Hippotraginae en NCBI.

Categoría:Bóvidos Categoría:Antílopes